Rosalia-Lóstrego ‘B’: Partidazo en Oira co liderato en xogo

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía recibe ao Lóstrego ‘B’ na décimo novena xornada de Liga (12:00h, RosaliaTv-Youtube).

Tras alcanzar o liderado, coa vitoria fronte a Guardesa aproveitando a xornada de descanso de Lóstrego ‘B’, a Escola de Fútbol Feminina Rosalía regresa ao Municipal de Oira. Chega o, para moitos, partido da tempada. As de Tobaruela reciben na décimo novena xornada de Liga ao Lóstrego CF ‘B’ (12.00 h, RosaliaTv-Youtube) co obxectivo de sumar os tres puntos e afianzarse como líderes antes de a xornada de descanso das nosas a próxima semana.

Os dous equipos afrontan o encontro cunha diferenza de 2 puntos no alto da clasificación, pero un partido máis das nosas. As azuis están invictas desde o partido disputado entre ambos os equipos na primeira volta. Suman 11 vitorias consecutivas. “Estaría mentindo se dixese que non é unha fecha que non a tiñamos marcada no calendario. Non podemos obviar que o liderato está en xogo e nos vamos enfrentar a un dos mellores equipos da categoría. Sen dúbida vai ser o partido da xornada e máis cando queremos a revancha polo partido de ida donde creo que merecimos máis”, dixo Feijóo.

“Non diría que somos os equipos máis en forma de nosa Liga, somos os equipos que máis puntos conseguimos”, comentou Tobaruela na rolda de prensa previa. O técnico catalán non poderá contar con Valeria sin Chao na convocatoria. Quen si forman parte da lista son Yadira e Fara, que non estiveron nos últimos partidos de Liga, e Vicky. A ourensá é a máxima goleadora do equipo no que vai tempada con 18 dianas.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Laura, Sampayo, Lú, Noa, Feijóo e Yadira.
Centrocampistas: Candela, Aldarita, Bonjoch, Sabena, Ester e Fara.
Dianteiras: Noui, Zaira e Vicky.

Lóstrego ‘B’
O noso rival chega ao Municipal de Oira tras sumar quince vitorias e un empate desde o comezo de Liga. Vanesa Estévez, con 23 goles no campionato, é a súa máxima anotadora. En canto aos precedente históricos en Liga ante as do ‘raio’, Rosalía posúe un balance desfavorable: 0 vitorias, 2 empates e 1 derrotas.

A décimo novena xornada da 2.ª División Galega Feminina dará comezo para as pontinas ás 12.00 horas de mañá domingo no Municipal de Oira, coa arbitraxe do colexiado Osmar Farougou Diallo Diallo. Ademais, a cámara de RosalíaTv será tamén testemuña directa do que alí aconteza.

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content