Valladares-Rosalía: Recuperar a vitoria

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía quere recuperar a senda da vitoria despois do tropezo fronte a Mos ‘B’ a semana pasada.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía pon hoxe rumbo a Vigo onde esta noite disputará a decimoquinta xornada da 2ª División Autonómica Feminina Galega. As pontinas viaxarán a Valladares tras colleitar unha derrota 0-1 no Municipal de Oira ante o Mos “B”, logo de enlazar 8 xornadas sen coñecer a derrota, coa intención de reencontrarse coa vitoria. A Gándara-Valladares é un territorio complicado, cun terreo de xogo de herba artificial, no que as azuis, desde a 2018-2019, disputaron 1 encontro. A estatística indica que alí non se gañou nunca. O seu único partido, a campaña anteriormente mencionada, saldouse con derrota por 1-0 fronte ás viguesas.

“O Valladares é un histórico do fútbol feminino e en Oira xogaron moi ben, causándonos moitas dificultades no segundo tempo”, dixo Saa na roda de prensa previa ao encontro. María, Noa Fírvida e Ainara son as principais novidades na convocatoria do técnico catalán con respecto á semana pasada. Regresan, polo tanto, tres centrocampistas que axudarán a dar máis profundidade por banda e control do xogo.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Sabela, Paqui, Noa Domínguez e Bea.
Centrocampistas: Lidia, Fara, María, Aida, Ainara, Noa Fírvida, Patricia e Aldarita.
Dianteiras: Noui, Ana e Zaira.

Valladares, un equipo que sobrevive ás dificultades
O equipo de Andrés Costas é sexto na táboa con 14 puntos. A pasada xornada as de Vigo tiveron xornada de descanso, logo de lograr na decimoterceira xornada a súa cuarta vitoria a costa do Gondomar. Pese ás dificultades das últimas tempadas, as xogadoras do Valladares demostraron a súa capacidade de renacemento. CD Valladares é un equipo peleón que entre os seus maiores perigos conta con María Fernández e Ainara Sobral. Espérase un partido disputado en que as azuis deberán marcar o ritmo do partido.

Check Also

4-0: O sénior golea e achégase ao obxectivo

Un tanto espectacular de Bonjoch, outro de Vicky e Zaira e Patri, en propia porta, …

Skip to content