Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa Isabel (16.00 h, Santiago de Compostela).

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía visita ao Vitoria CF ‘C’ na 24.ª xornada da 2.ª División Feminina. As de Tamayo tentarán sumar no Municipal Santa Isabel a súa segunda vitoria seguida tras gañar ao Santo Mateo (3-1) no último compromiso ligueiro. Ademais, a boa dinámica do equipo nesta competición permitiulle encadear dez xornadas invicto, a pesar das sensacións contradictorias despois de encadear tres empates consecutivos.

Só restan seis partidos para a conclusión da liga e o noso sénior volve á competición 14 días despois do seu último compromiso, sumando tres puntos escalando unha posición na táboa clasificatoria. Faio para disputar un encontro importante contra o Vitoria CF ‘C’, que está a completar unha tempada con altibaixos e situarse na undécima praza da competición antes de empezar a xornada 24. No encontro da primeira volta disputado en Oira, o primeiro equipo pontino levouse o triunfo grazas aos tantos de Feijóo, Sabela, Zaira (2), Aldarita, Vicky e Clau nun encontro que dominaron as azuis.

Clau foi a encargada de pechar a goleada na ida.

Ademais, este encontro abre o pano dos catro partidos determinantes que ten que afrontar a Escola de Fútbol Feminino Rosalía no mes de abril. Será clave o Municipal de Oira, no que se xogarán dous deles (Praia e Concello de Boiro) e os dous restantes a domicilio fronte a Vitoria CF ‘C’ e Xuventú Aguiño.

Alberto Tamayo cita para este encontro a 16 futbolistas, destacando a volta de Aldarita despois da ausencia a última xornada e a aparición de Sanmiguel, xogadora do Cadete ‘Azul’.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Laura, Fifi, Sabela, Miriam, Sampayo e Matilde.
Centrocampistas: Bonjoch, Nair, Candela, Aldarita, Sanmiguel e Aroa.
Dianteiras: Zaira, Clau e Noui.

O rival
O Vitoria CF ‘C’ comezou a xornada na 11.ª posición con 19 puntos, cun balance de 6 vitorias, 1 empate e 14 derrotas. O conxunto santiagués chega nun dos seus mellores momentos da tempada, despois de encadear dúas vitorias consecutivas gañado os seus encontros a Cacheiras (2-1) e Pontellas (0-1). A súa máxima goleadora é María Santiago con 5 goles en 8 partidos.

Check Also

O senior xa coñece aos seus rivais para a tempada 2024/25

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía queda encadrada no Grupo II da Segunda Galega.A Escola …

Skip to content