0-2: Segunda vitoria consecutiva ante o Victoria ‘C’

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía logra os tres puntos a domicilio no primeiro encontro despois do parón de Semana Santa.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía impúxose ao Vitoria FC ‘C’ na xornada 24 de Liga. As de Tamayo lograron o seu décimo cuarto triunfo na competición, o quinto lonxe de casa, e volven tras o parón de Semana Santa con boas sensacións. A gran protagonista do partido foi Zaira, que asinou o segundo gol (número 100 na súa conta particular) para decidir a vitoria pontina.

O noso equipo dominou o encontro desde o inicio e non tardou en adiantarse. No 17’, o perigo chegou desde o sector esquerdo con Miriam e Sabela como estandartes, o balón chega a Zaira que, tras unha parede con Noui, asiste á dianteira para que defina cun tiro cruzado ante a saída de Martina. Pouco despois, Unha nova chegada das dúas dianteiras remata con córner a favor, tras despexar a defensa o perigo en área pequena. As locais acusaron o gol ‘azul’, pero tentaron levar perigo ao contragolpe. Desta maneira, apunto estivo de marcar o segundo Zaira nun dobre disparo que salgue por encima do traveseiro. Outro remate da barbadesa co tempo cumprido despéxao Tamara na liña de gol.

Vitoria ‘C’ tentou a igualada no segundo tempo, pero Noa desviou o golpeo de Xiana cunha gran intervención. Na seguinte chegada chegou a réplica do noso equipo. Dobre ocasión de Nair e Sampayo con mesmo resultado, despexe de Tamara afastando o perigo. Dous minutos despois da hora de xogo, as locais tentan sorprender a Noa cun disparo afastado que a nosa gardameta envía a córner. A resposta pontina aos 79 minutos de xogo. Gran pase entre liñas de Bonjoch a Zaira para que a súa compañeira, cun gran movemento na área, definise cun tiro ao que nada puido facer Tamara. Co seu gol número 16 este curso, suma 100 na EFF Rosalía desde o seu debut. A partir de aí, ambos equipos seguiron tentándoo e as de Tamayo dispuxeron de ocasións, pero o marcador non volveu mover e o noso equipo levouse os tres puntos, destacando o debut e Sanmiguel no primeiro equipo no minuto 82 de partido.

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content