O noso senior sumou un punto na visita do Mos ‘B’, nun encontro no que tivo as mellores oportunidades de gol.
Táboas no encontro da décimo sexta xornada de Liga. A Escola de Fútbol Feminino Rosalía sumou un punto fronte ao Mos ‘B’ no seu primeiro partido da segundo volta. Ningún equipo tivo sorte para a portería rival e o encontro finalizou sen goles. As de Tamayo, que encadean tres encontros a sen perder desde a derrota ante Concello de Boiro, xa pensan no seu próximo compromiso, no que se medirán ao Cacheriras na Cañoteira.
Durante o primeiro tempo, as locais tiveron maior dominio da posesión, xerando algunhas oportunidades claras de gol. Antes de os dez minutos de xogo, as pontinas gozaron de dúas chegadas. Aos sete minutos de xogo, unha cesión de Antía á súa porteira intercéptaa Vicky, pero o seu tiro sae pegado ao poste. Dous minutos despois, Laura cabecea alto un córner de Candela. A resposta visitante cun disparo de Carlota que bloca Noa. E, no 28’, Noui tivo a mellor ocasión da primeira metade tras conectar un bo chute a pase de Candela que acabou rozando a madeira esquerda. Os primeiros 45 minutos terminaron cunha chegada de cada equipo pero sen sorte cara gol. Candela remata alto e Naiara provoca un gran estirada de Noa para despexar un derechazo da dianteira a un minuto do final.
Sen sorte cara portería
Despois do paso polos vestiarios, gol anulado ás pontinas. Feijóo saca un falta e asiste ao oco a Sampayo, a interior entra na área e o seu chute pega no traveseiro, o rexeite remátao Vicky e o despexe de Alicia remátao a gol Bonjoch. Guzman Falcón pita fóra de xogo posicional de Zaira. Ainara puxo a proba a Noa cun potente disparo que a porteira pontina despexou cunha fantástica estirada (65’). Na xogada posterior ao córner, Sofi tenta sorprender de lonxe, pero para nosa gardameta. As ocasións deixaron de sucederse pero os instantes finais do partido foron trepidantes. As visitantes puideron levarse o encontro tras un rápido contragolpe que remata Naiara, o balón pega en Aldarita e case sorprende a Noa. Pouco despois, a piques de cumprirse o tempo regulamentario, Sampayo puido facer o gol da vitoria ao rematar un centro de Clau, pero o seu lanzamento marchouse rozando a escuadra. Finalmente, repartición de puntos en Municipal de Oira.