O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse un partido no que recortou distancias Sofía co asubío final.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía ‘Azul’ imponse nun derbi precioso no Municipal de Oira. Os goles de Xiana na primeira parte serviron para selar a vitoria a pesar do tanto final de Sofía. Con este novo triunfo, as de Alberto Tamayo enlazan tres partidos sen perder e seguen escalando na táboa.

A primeira parte non tivo un claro dominador e Sara no minuto 26 tivo a mellor ocasión para as ‘amarelas’, pero o seu disparo cortouno a córner Aitana. Esmeralda atopou a resposta nunha rápida transición onde termina sendo derrubada dentro da área. Xiana non perdoa desde os once metros e adianta ás visitantes dous minutos despois de cumprirse a media hora de xogo (0-1). Cinco minutos despois, novamente Xiana, nun precioso remate de cabeza tras servizo de Antía, aumentou a vantaxe coa que se chegou ao descanso.

Xiana adiantou as ‘azuis’ desde os once metros.

A pesar da vantaxe de dous goles, o choque estaba vivo, aberto e as de Javier Alonso deron un paso adiante a volta de vestiarios. Sanmiguel salvou o 1-2 nun remate de Sofía, e aínda que a interior e Sara foron puñais polas bandas, non atopaban o remate final que as achegase no marcador. A ocasión máis clara chegou tras un disparo de Candela que Karla despexa ao pau no minuto 66. As chegadas continuaban e Sara, no minuto 71 e Candela, no 77 forzaron as intervencións de Karla. Tivo que ser Sofía, co tempo cumprido, quen batese á meta rival para marcar o gol da honra, ao non haber tempo para máis.

Check Also

Fin de semana Liga Cadete

Derrota do equipo ‘Amarelo’ e partido adiado do ‘Azul’ na súa viaxe a Valladares.Penultima xornada …

Skip to content