Nosos alumnos da escola do CEIP A Ponte estarán presentes na primeira Convivencia de fútbol concello San Cibrao das Viñas.
O concello San Cibrao das Viñas, en colaboración con Ociosaugal, organizan a primeira convivencia de fútbol Concello San Cibrao das Viñas para nenos e nenas comprendidos entre os 5 e 9 anos. A Escola de Fútbol Feminino Rosalía estará presente coa escola de fútbol do CEIP A Ponte, concretamente con once dos seus alumnos.
Será unha xornada non competitiva, onde o menos importante serán os resultados nin a condición individual de cada participante. “O obxectivo é que os nenos/as divírtanse coa práctica do fútbol, nun ambiente de convivencia con otr@s compañer@s”, afirman desde a organización. Os árbitros/as serán compañeiros non profesionais, fomentando así o respecto entre xogadores, adestradores, espectadores e colexiados.
Serán once os equipos participantes. UD Ourense-Concepción Arenal, CD Pereiro, Escoliña Barbadás, Concello San Cibrao con dous equipos, Colexio Franciscanas con dous equipos, EFF Rosalía, Colexio Carballedo-C. Arnoia, Colexio Concepción Arenal e At. San Cibrao. Disputando, desta maneira, un total de 23 encontros nas instalacións deportivas de O Corgo (Soutopenedo), entre as 10.00 e as 16.05 horas, para realizar a entrega de trofeos e medallas a todos os participantes ao finalizar (aproximadamente as 16:30h).
Desde o noso club “estamos moi agradecidos pola invitación e felicitamos, especialmente, aos promotores desta iniciativa, esperando que sexa a primeira de moitas”, tal como afirmou o noso presidente, Mario Gómez.