0-4: Suma e segue

Dous goles de Zaira, un de Patricia e outro de Ana manteñen ao noso equipo firme a un punto do primeiro posto da Liga.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, que se mantén invicta por segundo partido consecutivo, continúa a velocidade de cruceiro xunto aos primeiros clasificados. O equipo de Saa continúa firme a un punto do líder da Liga tras gañar ao Balaidos no IMD Travesas, logrando a súa segunda goleada consecutiva. O encontro foi de dominio visitante, con bo ritmo, pero tardou 33 minutos en poñerse de cara. Desde os primeiros minutos as xogadoras de Jonny Otero (Saa cumpría o seu segundo partido de sanción na grada) saíron a pola vitoria nun campo de reducidas dimensións.

Aos sete minutos, primeira ocasión de Patricia que detén Nuria. Repetiría a centrocampista no 22′. Boa combinación de Aida e Ana pero o balón de Patricia vaise fóra por pouco. O dominio era total das azuis, que permanecían en campo contrario pero non acertaban a finalizar as xogadas en gol. No terceiro terzo do primeiro tempo, Zaira (33′) logrou o primeiro grazas a unha asistencia de Fara. Seis minutos despois chegou o segundo, obra de Patricia, logo dun roubo de Ana e posterior asistencia de Aida, 0-2.

O ritmo non cesou tralo paso polos vestuarios, as ocasións seguían sendo do lado visitante e Ana, por terceiro partido consecutivo, acertaba en portería contraria. Minuto 53′ logo dun córner chegaba o terceiro. O definitivo tres minutos despois. Zaira en xogada individual dentro do área non falla diante de Nuria, a mellor das locais no partido, e marca o segundo da súa conta particular.

Rosalía buscaba os tres puntos e chegaron. Suma e segue para as pontinas, que se colocan segundas da clasificación, a un punto de Lóstrego ‘B’.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content