1-1: Empate no regreso ao Municipal de Oira

Candela marcou o gol do noso equipo fronte ao InterRías ‘B’ no partido correspondente á 21.ª xornada.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía sumou un punto no partido correspondente á 21.ª xornada de Liga, disputado no Municipal de Oira. O equipo de Tamayo empatou fronte ao InterRías ‘B’ un encontro no que as visitantes se adiantaron cun gol de Lidia nos primeiros compases da segunda metade. Candela puxo de novo as táboas no minuto 87 cando parecía que xa non se ía a mover o marcador. As pontinas, que encadean catro empates nos seis partidos ligueiros da segundo, volverán xogar a próxima semana fronte á SD Touro co cuarto posto en xogo.

O partido comezou cun disparo de Candela que Noa Camiña bloca en dous tempos (5’). O partido non tiña dono e Zaira remata fora unha asistencia de Vicky tras regatear á gardameta rival no minuto 19. A resposta visitante chegou a balón parado cun remate de cabeza de Laura Iglesias que lampantina ben colocada a Noa. Nos últimos minutos da primeira metade, Noui e Vicky levaron o perigo á área visitante coa resposta de Laura Camiña a ambos os disparos. Co tempo cumprido, Ana probou sorte cun disparo directo de falta que blocou Noa sen problemas.

Candela, do mesmo xeito que na primeira volta, logrou o gol que dá puntos ás azuis.

Segunda metade con goles
Tras o paso polos vestiarios, Lidia puido facer o primeiro cun dobre remate dentro da área que Noa despexou a córner. O noso equipo estaba descoñecido e non era capaz de apropiarse do ‘tempo’ do partido e así chegou o gol visitante. Lidia asiste a Inés, remata en semifallo pero o rexeite cae aos seus pés e envíao ao fondo da rede no minuto 52 (0-1). Gol que precedeu outras tres chegadas unha vez cumprida a hora de xogo. Primeiro, cun achegamento de Lidia que desbarata Noa. Despois, cun disparo da mesma protagonista que Noa detivo. No 73’, de novo as visitantes estiveron preto de ampliar vantaxe cun remate de Laura Iglesias que a nosa gardameta salvou sen problemas. Dous minutos máis tarde, un remate na área de Feijóo sae alto e desviado. A pesar de non realizar un bo partido, o marcador acabou en táboas cun gol de Candela nun centro-chute desde o sector dereito que sorprendeu a Noa Camiña, pero aínda puideron levarse os tres puntos as visitantes un minuto despois ao rexeitar Noa unha ocasión clara de Laura Iglesas e manter as táboas ata o asubío final.

Punto que sabe a moito despois do visto sobre o céspede de Oira. Resultado que terá mellor sabor de boca se dentro dunha semana conséguese vencer ao Touro fóra de casa.

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content