Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga ante un dos mellores equipos do Grupo (16.00 h).

Primeiro partido clave da tempada para non descolgarse, case definitivamente, dos postos que dan acceso á fase de ascenso a 1.ª División Galega Arzúa-Ulloa. Mañá, o noso equipo visita ao Touro (16.00 h, Municipal de Loxo) no encontro da xornada 22. A Escola de Fútbol Feminino Rosalía alcanzará o cuarto posto se gana en concello coruñés.

As pontinas seguen tentando seguir o ritmo dos primeiros clasificados con paso firme na loita tras sumar cinco triunfos consecutivos e manterse invictos nos últimos 8 partidos do campionato. A pesar de ser uns magníficos rexistros, o xogo do equipo está a ser moi irregular. Na primeira volta, venceron as azuis por 2-0 e desde ese encontro o balance das tourenses é de 11 vitorias, 1 empate e unha derrota cun balance de 55 goles a favor e 13 en contra. Mentres, as pupilas de Alberto Tamayo encadearon 7 vitorias, 3 empates e dúas derrotas con 46 goles a favor e 15 en contra. O técnico ourensán non poderá contar con Sara Bonjoch, decisiva no enfrontamento da primeira volta e, por primeira vez, entra na convocatoria para substituíla, Nair. As 16 xogadoras citadas para representar ao equipo azul no Municipal de Loxo son:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Laura, Fifi, Sabela, Sampayo e Miriam.
Centrocampistas: Antía, Aldarita, Feijóo, Candela, Nair e Aroa.
Dianteiras: Vicky, Zaira, Clau e Noui.

A centrocampista, goleadora na primeira volta, non poderá viaxar mañá.

Touro
O conjunto coruñés chega a esta xornada na cuarta posición con catorce vitorias, dous empates e tres derrotas. Tras empatar (0-0) fronte a Pontellas a pasada fin de semana, o Touro aspira a seguir ascendendo na táboa e achegarse ao segundo. A súa máxima goleadora é Irene León (22 tantos) e Zaira Fernández (21), que viron porta no último choque de Liga con vitoria.

O encontro correspondente á 22.ª xornada de Liga dará comezo ás 16.00 horas co asubío inicial do colexiado Cristian Machado Mosquera.

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content