Tras dúas saídas consecutivas e o parón da semana pasada, o noso equipo busca a vitoria no seu primeiro partido do mes de marzo (12.00 h, domingo).
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía recibe ao Viaxes InterRías ‘B’ na vinte e unha xornada de Liga (12.00 h). O noso equipo regresa ao Municipal de Oira despois de dous encontros seguidos fóra de casa (contra o Chantada e fronte ao Arenteiro). As de Tamayo afrontan o primeiro compromiso de marzo tras empatar o domingo 25 no derbi (2-2).
As pontinas encadean sete partidos ligas sen coñecer a derrota e nos catro últimos en casa lograron gañar ao Porriño, Calo e ao Pontellas e empatar con Mos ‘B’. Mañá, tratarán de manter esta boa dinámica logrando tres puntos despois do empate da xornada pasada. No encontro disputado o pasado 29 de novembro no campo de O Revel non foi nin moito menos sinxelo. Despois de darlle a volta ao gol inicial de Irene cos tantos de Feijóo e Vicky, o noso equipo sumou os tres puntos grazas ao gol de Candela Bouzas no minuto 86′ que desfacía o empate logrado por Laura Iglesias.
Para este encontro, Tamayo confeccionou unha lista de 16 futbolistas. Con todo iso, a convocatoria completa confórmana:
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Laura, Fifi, Sabela, Matilde, Sampayo e Miriam.
Centrocampistas: Antía, Aldarita, Feijóo, Candela e Aroa.
Dianteiras: Vicky, Zaira, Clau e Noui.
InteRías ‘B’
O noso rival arrincou a xornada oitavo e o seu balance esta tempada é de 8 vitorias, 1 empate e 9 derrotas. As sanxenxeiras venceron nas súas dous últimos compromisos fronte ao Cacheiras (0-2) e Pontellas (6-1).
Así, o partido correspondente á vinte e unha xornada da liga dará comezo ás 12.00 horas de mañá domingo no Municipal de Oira, coa arbitraxe do colexiado Daniel Cabano Docasar.