Tobaruela: “Voume coa boa sensación do xogo delas”

“O partido non estaba fechado absolutamente para nada” , engadiu o técnico.

Vídeo: Roda de prensa completa.

Pere Tobaruela compareceu ante os medios de comunicación en zona mixta do Municipal de Oira tras a vitoria ante o Porriño: “Fago unha valoración positiva en canto ao rival, sorprendeume. O Porriño do ano pasado non ten nada que ver co Porriño deste ano, é un equipo rocoso e que defensivamente estivo moi serio. Eu marcho descontento porque elas foron quen de levar o ritmo do partido na primeira parte. Nós adiantámonos pero elas levaron o ritmo de partido e nós non fomos quen, en ningún momento, de levar o noso ritmo de partido. As movilidades facíanse ben pero faltaba velocidade de balón”.

“O partido non estaba fechado absolutamente para nada. Despois miras xogada por xogada e non conseguiron rematar ninguna vez, pero eso non quita que nunha se puidera colar. Con 1-0, un empate costa”.

Actitud fría
“A falta de ritmo de balón. As xogadoras facían as movilidades e os mecanismos das movilidades porque os teñen ben interiorizados pero non daban continuidade co balón. Entón, por moito que te movas, se o balón non vai, básicamente era iso, unhas minivacacións adiantadas”.

“Elas souberon ler noso sistema de xogo da primeira parte e por iso tiven que cambiar na segunda”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía

Sensacións
“Non me vou con ninguna sensación porque os rivais en cada momento son os que tocan e voume coa boa sensación do xogo delas. Estiveron, comentábao nun momento determinado do partido ás xogadoras que estaban conmigo, que elas estaban xogando mellor que o outro día o Domaio. Polo menos souberon poñernos en mais problemas e elas souberon ler noso sistema de xogo da primeira parte e por iso tiven que cambiar na segunda”.

Parón ata xaneiro
“Na previa xa o dixen, estaba mais preocupado polo parón de vacacións que polo partido en si. Quedan tres semanas de traballo e despois un rival de altura, o San Mateo na sua casa. Un campo difícil e haberá que traballar”. 

Vídeo: Roda de prensa completa do técnico do Porriño Industrial.

Pola súa banda, David Barros, achegábase ao micro para indicar que “o partido estivo bastante ao que viñamos. Viñamos meternos atrás, a aguantar o resultado porque, ao final, ter pouco goles nesta competición vénnos bastante ben. É un equipo que sabiamos que iamos pelexar cada balón e de feito, o que tiñamos pensado fixémolo. Na primeira parte fomos cun a cero en contra, na segundo parte saímos, pero o que pasa é que Rosalía fixo uns cambios que nos pillaron un pouco descolócalas pero moi ben. A verdade é que vir a este campo sempre nos agrada”

“Non temos esa dianteira que nos meta vinte goles nunha tempada e é o que nos toca, sufrir cos de arriba”

DAVID BARROS, adestrador Porriño Industrial

“Este ano non temos dianteira, xogamos sen dianteira e entón non temos esa persoa que meta, que marque a diferenza, que nos faga gañar partidos así que non merezamos. Non temos esa dianteira que nos meta se cadra vinte goles nunha tempada e é o que nos toca, sufrir cos de arriba e, ás veces, por exemplo Santo Mateo meteunos seis goles que non mereciamos pero metéunolos. Entón, cos de arriba só quédanos na segunda volta mellorar eses resultados”

Partido aberto ata o segundo gol
“Co 1-0 podiamos estar aí nunha xogada e ter o 1-1 e ao final meteron o segundo gol e nada. Aí xa baixamos un pouquiño os brazos porque os cambios e aguantar defender os noventa minutos é bastante difícil”.

Obxectivo
“O noso obxectivo é loitar para manterse aí, loitar para poder estar no ascens, facer quinto posto, entrar entre os cinco primeiros”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content