O senior afronta en Oira o partido de volta da final da fase de ascenso (12.00 h. Youtube EFFRosalía).
Coa mente posta en conseguir a vitoria nos 90 minutos que restan, o noso equipo afronta a súa última proba con vantaxe dun tanto no ‘luminoso’. Será no Municipal de Oira, recibindo ao Domaio FC (12.00 horas, Youtube EFFRosalia) no encontro de volta da fase final de ascenso a 1.ª División Galega Feminina Arzúa-Úlloa DOP. A desta tempada é a cuarta ocasión na que a Escola de Fútbol Feminina Rosalía disputa os playoffs de ascenso a Primeira División. Nas tres primeiras ocasións non houbo fortuna. Que á cuarta sexa a vencida.
A primeira vez que o noso senior loitou por ascender a Primeira foi na tempada 18-19. O equipo, entón adestrado por Alonso Méndez acabou oitavo na súa primeira experiencia en categoría senior, caendo eliminado en primeira rolda contra Concello de Boiro.
A segunda incursión en playoffs data da tempada 20-21. O equipo adestrado por Iván Canal, na primeira parte rompeu todos os récords ao gañar todos os partidos do Subgrupo E. As pontinas emparelláronse na eliminatoria previa ao cruzamento final con Umia ‘B’. A partido único, as azuis caeron eliminadas na Bouza por un gol a cero.
A última vez que a EFF Rosalía xogou eliminatorias para ascender á primeira categoría autonómica foi a tempada pasada. Tras acabar a liga regular en terceira posición, o equipo dirixido por Pere Tobaruela (revelando a Miguel Saa na parte final do curso) cruzouse no Peñasco na primeira eliminatoria. Tras vencer 0-4 en Vigo, encararon as semifinais con Noia como rival. A derrota por 2-1 no Anexo Julio Mato deixou eliminadas ás pontinas.
As de Pere Tobaruela saben que está na súa man lograr o obxectivo. A vitoria ante o Domaio da semana pasada deu confianza ao senior, que quere sumar un novo triunfo en casa e non saír desa dinámica positiva ata concluír a tempada. Para este último encontro, o técnico do primeiro equipo confeccionou unha lista de 16 xogadoras, sendo alta para este encontro con respecto ao último desprazamento tanto Lú, como Ester e Clau. Así, a lista completa fórmana:
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteiras: Rocío e Karla.
Defensas: Noa, Sabela, Lú, Laura, Sampayo e Feijóo.
Centrocampistas: Aldarita, Candela, Ester e Bonjoch.
Dianteiras: Zaira, Noui, Vicky e Clau.
A cita do partido de volta da fase final de ascenso dará comezo ás 12.00 horas no campo Municipal de Oira, co beneplácito do colexiado do comité técnico de árbitros de Ourense Brais Rodríguez García, coa axuda en banda de Uxía Boimorto e Jaimies Mosquera. Poderanse seguir as evolucións das de Pere Tobaruela como é habitual a través de RosalíaTv na nosa canle de Youtube EFFRosalía, ademais de en AuriaTv.