Arenteiro-Rosalía: a polo derbi na Uceira

As de Tamayo buscan os tres puntos no cuarto derbi histórico contra as verdes (12.00 h; A Uceira).

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía pecha un mes de febreiro cun partidazo no Municipal da Uceira: o derbi, que será o cuarto entre ambos os equipos. Tras vencer ao Chantada a domicilio hai seis días, agora o noso equipo disputa a 20.ª xornada da liga ante o Arenteiro (domingo, 12.00 h; Municipal da Uceira). O obxectivo é lograr a décimo novena vitoria na competición para ampliar a súa vantaxe coas verdes e achegarse aos postos da fase de ascenso.

As de Tamayo terminan un mes de febreiro con tres partidos. O primeiro fronte a Pontellas en casa, tras o descanso polo entroido visitou ao Chantada e mañá domingo ao Arenteiro, cun balance de duas vitorias e buscando facer pleno.

Gran traballo en ambos os lados do campo
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía está a ter este mes de febreiro un gran rendemento en defensa e a proba é que é o equipo menos goleado do mes, xunto ás nosas rivais. Outro punto crave é a achega ofensiva das nosas xogadoras. Once de elas viron porta nesta edición e Zaira lidera a clasificación con 14 tantos. Séguenlle Noui e Vicky (8) e Feijóo (7). De feito, esta última marcou un dobrete ante o Chantada para darnos os tres puntos.

“Tentaremos, nun partido especial, estar o mais centradas posible e non desviarnos do obxectivo”

Alberto Tamayo, adestrador EFF Rosalía senior

“Partido importante para nós, xa que necesitamos manter a dinámica para seguir con opcións de poder disputar un dos postos para a fase de ascenso”, dixo Tamayo na rolda de prensa previa ao derbi na Uceira. Esta é a convocatoria do técnico pontino. En canto aos precedentes máis recentes no Carballiño, as pontinas foron derrotadas por 1-0 a pasada campaña.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Laura, Fifi, Sabela, Sampayo, Matilde e Miriam.
Centrocampistas: Antía, Aldarita, Feijóo, Candela, Aroa e Bonjoch.
Dianteiras: Vicky, Zaira e Noui.

Arenteiro
As de Alba arrincaron a xornada en sexta posición cun balance de 10 vitorias, 3 empates e 5 derrotas. Recíbennos na Uceira en refacho despois de sumar cinco encontros consecutivos invictos. A súa forza reside nas súas dous principais goleadoras: Lidia e Sara Fernández, con 18 dianas na liga entre as dúas.

Check Also

O senior xa coñece aos seus rivais para a tempada 2024/25

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía queda encadrada no Grupo II da Segunda Galega.A Escola …

Skip to content