O combinado de Montse Tomé xogará ante a Escola de Fútbol Feminina Rosalía na inauguración da reforma do Estadio do Couto a principios de 2024.
A selección Española Feminina de fútbol será a encargada de inaugurar a reforma do Estadio do Couto ante a Escola de Fútbol Feminino Rosalía nunha data por decidir, pero todo parece indicar que será antes das semifinais da Nations League ante Holanda o próximo 23 de febreiro.
Na mañá de hoxe anunciouse o acordo entre a RFEF, a RFGF, Deputación de Ourense e o concello polo que a Selección Española Feminina inaugurará o campo situado no Barrio do Couto. Os presidentes de ambas as federacións confirmaron que sobre o verde do estadio do Couto estarán as mellores xogadoras, xa que o partido servirá de preparación para a Final Four da Nations League, véndose as caras ante o noso equipo senior, unha proba de nivel. O cadro dirixido por Alberto Tamayo ocupa a posición número 5 do Grupo II da 2.ª División Galega, onde chegou a estar situada no segundo lugar, polo que promete ser un rival moi para as xogadoras de Montse Tomé.
Este compromiso servirá para que, por primeira vez na historia, a Selección Española Feminina engada a Ourense na lista de lugares onde disputou encontros. Algo que destacou o Delegado da Federación Galega en Ourense, Raul Rois: “Desde o primeiro momento, soamente pensamos desde a federación que a EFF Rosalía, como único club feminino de Ourense, debería ser quen inaugurase a reforma. Por eso loitei porque o club pontino fose o rival da selección no Couto, algo que enorgullece”. Desde a Delegación da Xunta, Manuel Pérez, delegado para o deporte provincial, afirmou que “o partido que se disputará o próximo febreiro será un día histórico para o deporte ourensán ao recibir ao combinado campión do Mundo. Unha vez confirmamos a presenza da selección, desde a miña Delegación insistimos, xunto á delegación de Ourense de fútbol, que a Escola de Fútbol Feminino Rosalía fose o rival deste combinado”.
Dende a RFGF, Amancio Varela, Presidente dá Comisión do Fútbol Feminino da Real Federación Galega de Fútbol, aproveitou para destacar que “no partido, as xogadoras do Rosalía poderán estrear os balóns oficiais desta tempada, os Adidas Ao Rihla Competition, realizando o acto oficial de entrega nos prolegómenos do partido”.
Nos próximos días, posiblemente no Centro Cultural Marcos Valcarce, terá o acto de presentación do devandito encontro coa presenza de Tere Abelleira e Alexia Putellas, segundo fontes consultadas pola nosa web.