Entregado o cheque do partido benéfico a AECC Ourense

A EFF Rosalía, xunto a Mujeres de Ourense impulsaron, un ano máis, o partido benéfico a favor de AECC Ourense.

Na xornada deste mércores, Rodríguez Saa, presidente de AECC Ourense, recibiu o cheque recadado polo partido benéfico que a Escola de Fútbol Feminino Rosalía disputou o pasado 19 de ocutbre, fronte a Mujeres de Ourense no Municipal de Oira, conseguindo unha cantidade total de 2.254 euros.

No acto de entrega do cheque estiveron presentes o noso vicepresidente Yuse Vázquez; Germán Rodríguez-Saa, presidente da asociación; autoridades representantes do Concello de Ourense e Deputación; Diego Sotelo, secretario de Ourense CF e dous representantes do Corpo de Policía Local de Ourense.

Toda a recadación foi orixinada pola venda de entradas, participación dos patrocinadores e colaboradores e as achegas á Fila Cero. Rodríguez-Saa expuxo que “Con iniciativas como este partido benéfico, a nosa sede provincial en Ourense apóiase e apoiarase os próximos anos en investigación, prevención, diagnóstico precoz e equidade, que son as puntas de lanza fronte ao cancro. Actividades como esta
axúdannos a reforzar cada unha destas variables e a celebrar os avances que estamos a conseguir fronte á enfermidade. Agradezo a implicación a todos e todas polo seu tempo, o seu agarimo e a súa constancia para axudarnos nos nosos obxectivos.” En declaracións á nosa web, o noso vicepresidente incidiu en que “o noso club nunca vai estar á marxe deste tipo de iniciativas, non soamente polo labor social que implica, senón tamén para que as nosas xogadoras implíquense en iniciativas fóra do estritamente deportivo”. Á súa vez, apuntou que “en 2024, esperemos que a implicación de todos/as non decaia, ao contrario, que aumente”.

Check Also

Aldarita, tamén centenaria coa EFF Rosalía

Nos seus cen partidos como azul conseguiu anotar cinco tantos. Aldara González ‘Aldarita‘, centrocampista da …

Skip to content