(4-0): Triunfo do Infantil no Municipal de Oira

Os goles de Ainhoa, Mihret (2) e Mª Sofía deron os tres puntos ante o Xuventú Aguiño nun gran partido do infantil pontino.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía impúxose ao Xuventú Aguiño no Municipal de Oira no duelo da 17.ª xornada de Liga. As de Manu, que foron moi superiores en Oira, adiantáronse no 9’ grazas a un tanto de Ainhoa, nunha boa xogada colectiva. Mihret marcou o segundo un minuto despois e o terceiro ao comezo da segunda metade, Mª Sofía puxo o definitivo 4-0 no 76’ que dá ao noso equipo unha vitoria importante para seguir escalando posicións na clasificación.

O Infantil fíxose rápido coa posesión e dominou a un rival que se mantiña ben ordenado en defensa, pero deixando moito espazo ás costas da defensa, algo que aproveitou á perfección Sara coa súa velocidade polo sector esquerdo. As de Manu dispuxeron de ocasións claras nada máis comezar o partido. Sara foi a máis incisiva, ao protagonizar seis xogadas de perigo que, ou terminaron en gol ou non o foron por pouco. Desta maneira chegou o primeiro, Mihret asiste á carreira de Sara e o seu centro á zona do ‘nove’, remátao Ainhoa ao fondo da rede. Un minuto despois, xogada calcada á anterior, pero nesta ocasión a rematadora é Mihret (2-0, minuto 10′). A resposta visitante chegou na ocasión máis clara para as ribeiráns aos 19 minutos do asubío inicial. Unha imprecisión entre Candela e Paula provoca que o balón se dirixa á rede, pero entre Elena e a nosa gardameta salvan o gol na liña. Sara, a punto estivo de ampliar a vantaxe nunha boa xogada individual, pero o seu remate sae alto. Inmediatamente despois, unha recuperación da interior remátaa Ainhoa desde o punto de penalti, pero Gloria detén en dous tempos. Un minuto despois da media hora de xogo, Mihret encabeza un contragolpe que termínao Marta, pero o seu remate en mala colocación deteno a gardameta visitante. a seguinte chegou da botas da nosa xogadora máis perigosa, Sara. A interior xera perigo na área visitante cun remate de Olaia que bloca Gloria. No minuto 38′, un bo centro de Cayetana desde a dereita remátao Ainhoa alto e, uns instantes antes do asubío que daba por terminada a primeira parte, Elena recupera en defensa, Mª Sofía inicia a contra e Sara termina cun remate que se topa co poste.

Enlace: Partido completo

Tras a continuación o dominio das pontinas aumentou e así chegou o terceiro. Ainhoa rematou e Gloria despexou á zona onde apareceu Mihret para enviar o esférico ao fondo da rede. O partido estaba sentenciado e nos minutos finais, Mª Sofía asinou o cuarto. A centrocampista rematou un centro de Marta sorprendendo á defensa rival entrando desde a segunda liña atacante, cruzando o balón eixo o punto de penalti ante a saída de Gloria para dar tres puntos ao Infantil, cos que avanza un posto na táboa clasificatoria.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content