O Infantil vence no último partido do ano (1-4)

As pontinas derrotan ao conxunto sanxenxeiro nun encontro no que tiveron que remontar o gol inicial local.

Gran vitoria traballada e emotiva. O conxunto dirixido por Manu e Carlos soubo sobrepoñerse ao primeiro tanto do Saraiba, para acabar tirando de xogo e remontar cos goles de Cayetana, Nuria Caride, Marta e Nicole.

Na primeira parte, o noso equipo saíu a por o partido desde o minuto un. Xusto cando María Sofía probou sorte cun chute que detivo Sara. Instantes despois gol do Saraiba por medio de Andrea Iglesias. A pesar do gol, o azuis non viñéronse abaixo e Cayetana enlazou dúas ocasións antes de marcar o gol da remontada. Primeiro, un disparo ao poste e logo un que cruza demasiado, antecedente do empate no minuto 18′. Mireth recupera a posesión e asiste a Cayetana, que entra na área e cruza o balón ao segundo pau (1-1). No minuto 22, gran xogada de Nicole pola dereita entra, pase da morte e gol de Caride (1-2). As nosas estaban envorcadas en ataque e seguiron creando ocasións. Nicole, xerou duas nos minutos 27′ e 28′ e Marta no 33′. A resposta local nas botas de Andrea, nun man a man que pica por pica de Paula, pero sae fora. A punto de cumprirse o tempo, Candela combina con Cayetana no sector dereito e seu centro o remata Marta en boca de gol, (1-3, minuto 38′).

Na segunda parte, o noso conxunto deu os primeiro vos avisos. Primeiro, Ainhoa enlazou dous tiros que desbaratou Sara, do mesmo xeito que os seguintes dous de Nicole. Esto non amedrentou ás locais, Anaís estrelou o balón no traveseiro no minuto 65′, pero Nicole asinou o resultado final no 80′ cunha xogada na que ela mesma rouba o esférico, penétrase na área e envía o balón ao fondo da rede dando unha grande vitoria ao Rosalía.

O próximo partido da Escola de Fútbol Feminino Rosalía Infantil será a fin de semana do 7-8 de xaneiro, horario por determinar, contra o Umia CF no Municipal de Oira.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content