Grazas Miguel

Miguel Saa Souto (Barcelona, 34 años) chegou á Escuela de Fútbol Femenina Rosalía o 1 de xullo de 2020 tras adestrar a súa última tempada en activo ao CD Muiños. Comezou o seu andadura no noso club xunto a Jonni Otero, que o acompañou durante a tempada e media que pertenceron á nosa institución. 

Saa estreouse no Manuel Anxo Cortizo en partido oficial.

Na súa primeira tempada como técnico principal nun equipo feminino, Saa, rompeu varios récords, destacando o pleno de vitorias nunha tempada, algo que tan só había logra CD Ourense e UD Ourense na provincia de Ourense (8 vitorias en 8 partidos). Logrando a clasificación para os playoffs de ascenso, caendo en semifinais fronte a Umia CF ‘B’ por 1-0.

Nesta mesma tempada, coa incorporación de Jorge Sobrino como axudante (o técnico do equipo cadete fixo as prácticas de adestrador a tempada anteiror con Saa), o técnico compaxinou o equipo senior xunto co Cadete, convertendo a este equipo nunha especie de ‘filial’ do primeiro equipo. Miguel Saa deixa o equipo colocado na segunda posición do Grupo VI da 2ª División Autonómica Feminina, a piques de conseguir a clasificación matemática para os playoffs de ascenso.

O balance do técnico catalán na tempada e media a cargo do primeiro equipo foi de 20 vitorias, un empate e catro derrotas nos 25 partidos oficiais que dirixiu ao equipo sénior con 133 goles a favor e 13 en contra. En todo este tempo, o equipo recibiu o eloxio dos seus rivais ao destacar o seu gusto polo balón e o xogo combinado.

Desde o club agradecemos o seu labor e esperemos que sexa un “punto e seguido” no que se refire á relación entre técnico e institución.

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content