Pere Tobaruela, presentado como novo adestrador da EFF Rosalía

“A ‘febreazul’ dá a benvida a alguén que coñece esta casa e demostrou ser un magnifico profesional”, asegurou Mario Gómez.

Pere Tobaruela foi presentado como novo adestrador da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía na sé do club. Baixo unha gran expectación, o presidente Mario Gómez deulle a benvida: “Hoxe a ‘febreazul’ da a benvida a alguén que coñece esta casa e que demostrou ser un magnífico profesional. Fuches adestrador en moitos clubs e contas con experiencia recoñecida no fútbol feminino autonómico”.

“Desde hoxe asumes a responsabilidade de adestrar un equipo que está facendo historia en Ourense. Estamos seguros dende a directiva que o poder contar cun adestrador con experiencia previa no fútbol feminino vai a ser moi importante e positivo para as nosas xogadoras. Nós o único que podemos facer a partir de agora é ofrecerte todos os medios posibles para que exerzas a túa labor o máis a gusto posible, como así fixemos con tódolos teus predecesores”.

“Agradecemos un montón o teu esforzo de desplazarte ata Ourense para adestrar á EFF Rosalía e esperamos estar á túa altura de eiquí en diante”.

“Eu veño a intentar axudar”

PERE TOBARUELA, novo adestrador EFF Rosalía Sénior

Tobaruela: “Para min é un acicate traballar nun club cunha estructura como a do Rosalía”
“Eu podo ofrecer cousas pero tamén recibir cosas. Eu son dos que penso que aprender para aprender é para ensinar. Ter unha experiencia mais dilatada noutras categorías dáme marxe para intentar axudar mais profundamente”.

“Eu veño a intentar axudar e voume sentir moi cómodo nunca estrutura preparada para o fútbol feminino como é a da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía“.

Tobaruela firma ata fin de tempada.

O acto concluíu coa firma protocolaria do contrato e as fotos oficiais do novo técnico do equipo sénior da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía. Despois atendeu á web do club, declaracións que poderes ler mañá na nosa web.

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content