Mosteiro-Rosalía: a pola primeira vitoria de 2020 a domicilio

As azuis buscan a vitoria no Municipal de Meis para romper a serie de cinco derrotas consecutivas a domicilio (12:00 h, domingo).

Chega o primeiro partido a domicilio de marzo. A EFF Rosalía e CD Mosteiro enfróntanse no Municipal de Meis con 32 puntos de distancia entre ambos. Un partido no que as azuis buscarán a primeira vitoria a domicilio de 2020 para seguir na loita pola quinta praza da clasificación (12:15 h; Municipal de Meis). 

Cinco derrotas nos últimos seis partidos a domicilio, cun balance negativo de 13 tantos en contra por tan só 3 a favor, é unha situación que ben seguro queren revertir as xogadoras ourensás.

“Tentaremos ir o domingo facer un bo partido e conseguir os tres puntos para seguir coa serie positiva e se é fóra de casa mellor para ir collendo confianza e terminar co refacho de derrotas fóra de casa”, indicou Canal na conferencia de prensa previa. O técnico citou a 15 futbolistas (entre as que se atopan duas do filial) para un partido no que as azuis tratarán de demostrar a distancia na clasificación e gañar os tres primeiros puntos de 2020 lonxe do Monte da Aira.

Convocatoria
Porteira: Rocío.
Defensas: Noa Domínguez, Aldara Sequeiros e Andrea.
Centrocampistas: Aldarita, Yadira, Patricia, Ainara, Alba, Cuquejo, Ester e Sábela.
Dianteiras: Noui, Silvia e Zaira

O rival
O CD Mosteiro atópase na 14ª posición da táboa con tres puntos e un balance de unha vitoria e 18 derrotas. Chega ao partido despois de perder por 2-0 frente ao Gondomar FB. Miriam Rey, con tres tantos, é a máxima goleadora das meisenses.

Precedentes
Segunda ocasión que se enfrentan Mosteiro e Rosalía, na primeira volta o resultado foi 6-0 a favor das azuis con goles de Zaira (3), Noui, Sabela e Saray.

Resto da xornada
Destacar o partido a disputar na Bouza (Barrantes) entre o Umia e Balaidos, cuarto e quinto clasificados, posiblemente a derradeira oportunidade de non perder o tren dos primeiros clasificados para as locais. Nos demais enfrontamentos, o normal é que gañen os equipos favoritos.
Todos os partidos serán en xornada de domingo:
12:00 SD Puentearnelas – SD Noalla
12:15 CD Mosteiro – EFF Rosalía
16:30 CD Bueu – SPC San Mateo
17:00 SCD Puentecaldelas – EDVM Pereiro CF
17:00 Umia CF “B” – Balaidos CF
17:00 Juventud Cambados – SD Chispa
19:15 Racing de Vilariño – Gondomar FB
Descansa SD Noalla

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content