Canal: “Estou contento co equipo, quizais nos falta un pouco de sorte”

“Tentaremos conseguir os tres puntos fóra de casa e gañar confianza lonxe do Monte da Aira”, dixo o técnico

Iván Canal compareceu na sala de prensa do Monte da Aira tras o último adestramento previo á visita ao Mosteiro (domingo, 12:15 h, Municipal de Meis). O adestrador da EFF Rosalía analizou así o partido: “contra o Mosteiro temos que facer un partido onde levemos a batuta do partido, tentar xogar ben e logo se conseguimos os 3 puntos mellor”.

“Ao fútbol gáñase por pequenos detalles. Estou contento co equipo, quizais nos falta un pouco de sorte, pero a sorte hai que gañala”.

Vitoria fora da casa
“Está a custarnos porque tamén nos enfrontamos a rivais de nivel como Chispa, Pereiró e Bueu. Hai que dicir que competimos moi ben en dous dos tres partidos menos co Chispa. Contra o Pereiró iamos gañando na primeira parte e xogando mellor, pero na segunda, polo cansazo e a expulsión de Alba influíunos na derrota. Mentres, en Bueu fomos superiores chegando máis a porta pero un penalti en contra fíxonos perder”.

Vitoria semana pasada
“Sempre que se gaña de forma ampla estas mellor animicamente pero é un estado que confunde e ás veces xera relaxación. Temos que esforzarnos cada día máis para seguir mellorando, desde o adestrador que son eu, pasando por todas as xogadoras”.

Zaira
“A Zaira tentei animala no partido, ela téntao e esfórzase. A unha xogadora como Zaira só podo ter palabras boas cara a ela. Que meta ou non é secundario, váleme máis o esforzo e o que achega no equipo. Se marca estou máis contento porque a vexo feliz, ela necesita o gol para estar ben. Pídolle que teña paciencia porque confío 100% nela, os goles chegarán”.

Noui
“A Noa pídolle máis esforzo, é unha xogadora que ten que esforzarse máis, é unha xogadora con condicións físicas e con bo tiro, pero ten que darnos máis ao equipo co seu esforzo. Eu esíxolle o mínimo que vexo que me pode dar, dentro dela pode dar máis. A actitude e o esforzo depende dun. En Noa tamén confío 100%, pero ten que dar máis, principalmente porque pode facelo”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Ir o contido