O Cadete queda encadrado no Grupo ‘B’

A estrea en Liga está pendente do sorteo do calendario por parte da Federación Galega de Fútbol

O Cadete segue a súa posta a punto nas instalacións de Oira.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete xa coñece os equipos que serán os seus rivais durante a tempada 2022/23. As de Alberto Tamayo quedan emprazadas no subgrupo ‘B’ xunto a outros nove equipos. O primeiro encontro está programado para a fin de semana do 8-9 de outubro, terminando a primeira Fase o 2 de abril. O catro primeiros clasificados accederán á Fase Título, mentres que os restantes competirán na Fase Consolación en dous grupos.

  • GRUPO ‘B’
  • Balaidos CF
  • Caldas CF
  • Viajes InterRías FF
  • Lóstrego CF
  • UD Mos
  • EFF Rosalía
  • Sp.C. San Mateo
  • Sárdoma CF
  • Tomiño FC Feminino
  • Umia CF

Unha vez terminada a primeira fase en formato liga a dobre volta, os 4 primeiros clasificados xogaranse o título cos outros 4 do subgrupo ‘A’ nunha liga a unha volta (7 xornadas). Mentres, a Fase Consolación dividirase en dous subgrupos (D1-D2), xogándose o título os primeiros de cada grupo nunha final.

Check Also

Fin de semana da Liga Cadete

Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’. Fin de semana de compromisos oficiais para os …

Skip to content