O Infantil, no Grupo C con outro seis equipos

As de Quique e Castro enfróntanse aos equipos do sur de Pontevedra

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía xa coñece aos seus rivais na fase de grupos da liga Galega Infantil Feminina 2022/23. As azuis empezarán a súa cuarta campaña na categoría no Grupo C, onde caeron varios equipos de gran nivel.

As xogadoras de Quique Álvarez e Diego Castro comparten grupo con vellas coñecidas da tempada pasada, como Valladares, Lóstrego, Tomiño e Mos.

Así, o Grupo C consta destes equipos:

  • GRUPO C
  • Arcadia EF
  • Lóstrego CF
  • UD Mos
  • EFF Rosalía
  • SpC San Mateo
  • Tomiño FCF
  • CD Valladares

A competición empezará oficialmente a fin de semana do 9 de outubro e rematará o 12 de febreiro, á espera de coñecer o calendario oficial por parte da Real Federación Galega de Fútbol. A primeira fase constará de 14 xornadas accedendo os dous primeiros clasificados á Fase título, mentres que os restantes disputarán a Fase consolación, da cal a EFF Rosalía é a actual campioa.

O Infantil traballa para a súa estrea en Liga.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content