Cristina Pato visitou o adestramento de Cadetes e Promesas

A música, escritora, educadora e produtora aceptou a proposta de ser a madriña da EFF Rosalía.

Cristina Pato Lorenzo, música, escritora, educadora e produtora ourensá, visitou o adestramento vespertino dos equipos Cadete e Promesas da Escola de Fútbol Feminina Rosalía na primeira xornada de traballo no Municipal de Oira. A coñecida artista saudou ás xogadoras e interesouse por todo o concernente ao club, equipos e competicións, a pesar, de como ela mesma expresou ser “unha auténtica inculta en temas futbolísticos” e explicar como xurdiu a idea de visitar o club “Visitei a Escola de Fútbol Feminina Rosalía grazas a unha invitación dunha boa amiga que me falou do proxecto educativo que se estaba a levar a cabo alí”.

Cristina Pato é a nova madriña da EFF Rosalía.

Cristina Pato, madriña da EFF Rosalía

A sorpresa chegou cando, desde a directiva en boca de su presidente, propúxoselle ser a ‘madriña’ do club. Tal como dixo Mario Gómez “Cristina encarna perfectamente no noso lema ‘Ourensá e feminina’ e quen mellor que ela para selo, recoñecida tanto na provincia, Galicia e mundialmente”. Por suposto, aceptou a proposta e indicou “aínda que a miña relación cos deportes sempre foi limitada, espero poder aprender deste grupo de rapazas inspiradoras que con enerxía e constancia comparten o seu amor por un deporte que as apaixona”.

Música, escritora, educadora e produtora, Cristina Pato foi aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” por The New York Times. Na actualidade, a súa vida profesional está centrada na exploración do rol das artes na sociedade a través da docencia e da produción en Nova Iork.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content