O Infantil faise forte na casa (7-2)

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Infantil consegue sumar tres puntos craves ante un rival directo como o Xuventude de Crendes.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía venceu con contundencia ao Xuventude de Crendes este sábado no Municipal de O Seixo. O conxunto de Diego Castro soubo manexar todos os tempos do choque nun partido importantísimo para as azuis de face ao obxectivo de seguir no máis alto da clasificación. As pontinas foron de menos a máis. A primeira parte foi máis trabada e o gol da dianteira rival ‘Luchi’ conseguía que as súas adiantásense pero as azuis déronlle a volta ao marcador para chegar ao descanso con vantaxe.

A primeira metade non puido empezar do mellor xeito, cun pase perfecto de Miriam, que recuperaba o balón na medular, para que Candela Losada definise á perfección logo de superar por velocidade a Antía. Durou pouco a alegría, na seguinte xogada ‘Luchi’ recupera o esférico na saída en defensa de Ainara para superar por alto a estirada de Aldara e empatar o partido. Pero a cousa non quedou aí xa que as pontinas continuaron atacando e cinco minutos depois Antía atopou o premio sobre a portería de Mara Díaz. A dianteira supera á gardameta rival cun balón alto cruzado desde fóra do área tras un córner sacado por ela mesma triangulándo con Nair. Malia seguir xerando ocasións na portería rival, o equipo era demasiado individualista, pecando de egoísmo á hora de decidir ao chegar preto do área rival. Nunha desas ocasións, Victoria adiántase no primeiro pau a Mara para rematar ao primeiro toque un bo centro de Sara (3-1, min. 29′). Non desaproveitou a relaxación das azuis tralo gol as coruñesas. Saque de centro, ‘Luchi’ aproveita un despiste de Carballo para atopar unha vía cara ao área local, pasa a Mara Aldao e a dianteira entra no área acurtando distancias ante a saía de Aldara. Tres minutos despois, Victoria recupera o balón a Cloe no centro do campo, pon o ‘turbo’ superando ás centrais rivais e non falla no man a man fronte a Mara, catro a un, resultado co que ambos equipos marchábanse a vestuarios para afrontar unha segunda metade na que as pontinas sentenciaron.

Victoria non faltou a sua cita co gol.

‘Luchi’ non se daba por vencida e probou os reflexos de Aldara cun tiro afastado que a gardameta azul detivo en dous tempos. Non se fixo esperar a resposta local. Alma inténtao desde fóra do área e o seu tiro rexéitao Mara pero Candela Sanmiguel non acerta a rematar. As azuis intentaron mover máis o balón, non ser tan individualistas e o premio chegou trala hora de xogo. Nair recupera e Victoria aproveita o pase ás costas da defensa para presentarse soa ante Mara e cederlle o esférico a Antía que o envía ao fondo da rede (5-2, min. 62′). Sin tempo para masticar ese quinto tanto, Sara aproveitou un balón no costado dereito do área de Nair para pegarlle de primeira raso e facer o sexto a falta de quince minutos para o final. A centrocampista tivo o sétimo, o que fose o seu doblete particular nas súas botas, pero o seu tiro choca co poste. Non perdoou Victoria co tempo cumprido. A ’35’ azul adiántase a Mara para rematar un centro de Miriam e completar o seu ‘hat-trick’.

Con esta vitoria, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Infantil márchase ao final da primeira volta cun 9 de 12 que as coloca segundas, demostrando o crecemento do equipo en moitas facetas do xogo. Para o técnico: “A primeira metade foi un paso atrás non traballo que levamos buscando todo o ano. Despois de aclararar conceptos no descanso as nenas superon adaptarse ao que lles pediamos e facer un mellor traballo”.

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Ir o contido