O Infantil recibe ao Lóstrego co gallo de seguir na liña positiva do primeiro partido

A cita dará comezo ás 12:00 horas no Municipal de Oira, co obxectivo de seguir a liña positiva do primeiro encontro.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil recibe este domingo ao Lóstrego CF co gallo de estrear a marcadora de puntos esta tempada en casa (12:00 h; domingo). As de Quique Álvarez e Diego Castro, que veñen de ter a xornada de descanso e vencer ante o Valladares a domicilio mostrando unha boa imaxe en momentos do partido, buscarán inaugurar o sumatorio de puntos en casa ante un rival que vén de perder ante o Valladares na segunda xornada (0-2) a pasada semana.

No duelo da tempada pasada, as pontinas quedaron co mel nos beizos tras perder no encontro disputado no Municipal de O Seixo (Arrabaldo). Valentina De La Lástra e Luna (con dúas dianas), nos últimos dez minutos da primeira parte puxeron o marcador en franquía para as visitantes, pero Alma recortou diferenzas a menos de 10 minutos do final cun Rosalía Infantil con proposta moi valente buscando algo positivo, aínda que finalmente non chegou un premio co 1-3 final.

Sabela debuta na categoría este domingo.

Para este encontro, os técnicos ourensáns confeccionaron unha lista de 16 futbolistas, coas ausencias de Águeda e Ainhoa e o debut na categoría de Sabela. Así, a convocatoria completa fórmana: Karla, Aline, Candela Losada, Ainara, Andrea, Sabela, Sofía, Lucía Carral, Miriam, África, Alba, Esmeralda, Lea, Virginia, Xiana e Sara.

O encontro da terceira xornada dará comezo ás 12:00 horas no Municipal de Oira coa arbitraxe de Alex Martín, do comité ourensán.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content