Tobaruela: “Vilariño é un equipo, podería decirse, rocoso”

“Somos un equipo e o equipo ten iso, agora entro eu e saes ti”, dixo o técnico.

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía o día previo ao partido da cuarta xornada de Liga (domingo, 17:00 h; A Ramallosa-Nigrán). O técnico analizou o encontro contra o Vilariño no Municipal de San Pedro: “O Racing de Vilariño é un equipo, podería decirse, rocoso, con xente que ten experiencia e xente que sabe xogar ao fútbol”.

“Cando xogamos contra Balaidos, que teóricamente era un rival feble, eu creo que dixen que hai que xogar e que non se gaña tan fácilmente”.

Diferenza na táboa
“Para nada inflúe a táboa clasificatoria. Cando xogas un partido de fútbol hai moitas circunstancias, tanto do equipo rival como de teu equipo e, a partir de aquí, as combinacións son múltiples”.

Un día menos de adestramento
“A semana contra Pontellas cadrou un día festivo polo medio, co cal tamén tiñamos un día menos de adestramento e creo, que esta semana o acicate deste partido benéfico pode beneficiar porque no fútbol, ás veces, non todo é adestrar a tope (que hai que facelo), tamén están estes actos que son por causas que sirven, por decilo dunha meneira, non só para consolidar equipo, senon que para consolidar club. Que as rapazas mais pequenas estén en contacto coas xogadoras do primeiro equipo e viceversa. Como sabedes, algunas do primeiro equipo fixeron de ‘mister’ e creo que é positivo un acto así”.

Recuperando efectivos
“Recupero e temos a gran nova de que Vicky, despois de una operación de apendicitis, e Noa dunha lesión que se prevehía moito mais longa, xa teñen o alta médica. Non podo contar con elas ao 100%, a ver si finalmente na convocatoria, alguna delas pode axudar un pouco, pero tamén temos alguna baixa de última hora como Candela. Creo que no fútbol semana a semana, partido a partido, agora se lesiona unha, agora está tocada outra. O que teño claro é que non vai a sair ninguna xogadora que non esté ao 100% para non arriscar porque temos armario. Este ano temos un bo plantel en profundidade”.

Fondo de armario
“Eso por una parte é una satisfacción e, por outra parte, é una preocupación porque, o outro día, foi a primeira vez que tiven que deixar a xogadoras fora da convocatoria, como teño que deixar nesta fin de semana. Xa llo dixen, as 16 que ides sodes unhas privilixiadas e agardo que no momento que non sexades convocadas o entendades e mesmo animedes as que queden fora da convocatoria. Somos un equipo e o equipo ten iso, agora entro eu e saes ti”.

“Creo que os números son, ás veces, mais que nada simbólicos”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Partido especial
“É o décimo partido de competición oficial, coa pretemporada levamos unos poucos mais. Non dexia de ser, dende un punto de vista estadístico, una cifra que pode ser salientable pero é un partido mais, como será o 30, 40, 50, si chego. Creo que os números son, ás veces, mais que nada simbólicos”.

Valoración das ‘adestradoras’ Chao e Sabela o pasado mércores
“(risas)… Ben as adestradoras. Creo que bo poñerse na pel dos otros para entender cousas e creo que é un boa experiencia en todos os sentidos. Creo que o pasaron moi ben e eu como espectador, paseino moi ben”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content