Cara e cruz na Liga Cadete

Vitoria do Cadete ‘Amarelo’ ante o Tomiño (5-0) e derrota do Cadete ‘Azul’ ante o InterRías (1-0).

Fin de semana de compromisos oficiais para os dous equipos representantes na liga Galega Cadete. A Escola de Fútbol Feminino Rosalía ‘Amarelo’ sumou tres puntos en casa ante Tomiño FCF (5-0). Derrota do Cadete ‘Azul’ a domicilio ante o Viajes InterRías (1-0) no duelo correspondente á 13.ª xornada.

Cadete ‘Amarelo’-Tomiño (5-0)
As de Javier Alonso e Toni sumaron os tres puntos na última xornada do ano tras gañar ao Tomiño no Municipal de Oira con goles de Sofía, África, Andrea (2) e Sara. Adiantáronse as pontinas na primeira metade por medio de Sofía (32′) e consolidaron a vitoria con outros catro goles na continuación. África, no minuto 45′, empuxou á rede un centro desde a dereita e Andrea con dous goles en dous minutos, os que van desde o 54′ ao 56′, aumentou a vantaxe, pechando o marcador final Sara, tres minutos da hora de xogo. Con esta brillante actuación, o ‘Amarelo’ suma xa 22 puntos e termina 2023 no sétimo posto, a dous puntos dos postos que dan acceso á Fase Título.

InterRías-‘Azul’ (1-0)
O noso equipo non puido volver de Noalla cun resultado positivo, encaixando á segunda derrota consecutiva, nesta ocasión ante Viaxes InterRías pola mínimo (1-0). O solitario gol de Carmen aos 29′ minutos de xogo serviu para sumar tres puntos máis ás locais. Desta maneira, as de Tamayo terminan o ano con 21 puntos no noveno posto, empatadas con Lóstrego e a tres puntos da Fase Título.

Check Also

Fin de semana Liga Cadete

Derrota do equipo ‘Amarelo’ e partido adiado do ‘Azul’ na súa viaxe a Valladares.Penultima xornada …

Skip to content