Partido sen historia contra o Cultural Areas

O pasado domingo o noso senior desprazouse á Lomba para disputar o seu partido de liga correpondente á 7ª xornada. O rival era o farolillo vermello da clasificación, o Cultural Areas.

O horario do partido non era o máis agradable para o público, xa que a mesma hora disputábase un Barça – Madrid e o tempo era bastante frío…

Ata Ponteareas desprazábamonos con algunha que outra baixa como a de Alba Rodríguez que tomou as rendas da fotografía nesta ocasión co cal esta tempada xa foi xogadora, directiva entrenadora e fotógrafa no clube, todo un record…

O partido apenas tivo historia, un rival mermado en efectivos e con moito mérito porque a maioría da plantilla vive as suas primeiras experiencias futbolísticas, presentábase ante nós con moita ilusión pero con poucos argumentos futbolísticos para plantarnos cara.

O resultado no tempo de lecer era demoledor, 0-9 a favor do noso clube e unha segunda parte sen historia e con moito respeto en todo momento por parte das nosas xogadoras ante un rival que disfruta do seu deporte con moita honra.

Ó final un contundente 1-14 que demostra a diferencia entre os dous planteis a nivel futbolístico. Un resultado que a nosa plantilla quixo dedicar a nosa directiva e tesoreira Yoli que non puido viaxar ata Ponteareas por estar no sepelio do seu pai.

Na próxima semana as nosas teñen unha dura cita fronte o Atlántida Matamá “B”, un durísimo exame que de pasar con boa nota no Monte da Aira meterá o noso senior de cheo na loita polas oito primeiras prazas…

Sorte Rosalías!!!

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido