‘Noui’, rosalia ata 2024

A barbadesa, que debutou co senior cando aínda era cadete, viviu a súa posta de longo o 16 de xuño de 2019 debutando no primeiro equipo o 15 de setembro fronte ao Sporting San Mateo da man de Iván Canal na primeira xornada de Liga.

Noa Fernández continuará na Escola de Fútbol Feminina Rosalía polo menos duas tempadas máis. A atacante barbadesa asinou este venres un novo contrato que lle permitirá estar unida á entidade pontina ata o 30 de xuño de 2024, unha rúbrica efectuada na sede do club coa presenza do director xeral de comunicación, Yuse.

A dianteira nun lance do partido de playoffs fronte a Noia.

Cabe lembrar que ‘Noui‘ realizou o seu debut no fútbol ‘senior’ fai menos de tres anos e cando aínda era cadete, naquel triunfo da Escola de Fútbol Feminina Rosalía fronte ao San Mateo en O Cruceiro. Logo dese momento, afianzouse no once tipo de Canal na súa primeira tempada no club, conseguindo o seu primeiro gol na cuarta xornada. Nesta tempada, disputou un total de 21 partidos anotando 5 goles, a súa tempada menos prolífica cara porta. Aínda así, ten a honra de anotar os goles 100 e 200 do club, fronte a Marín e Valladares, respectivamente, converténdoa na segunda máxima goleadora histórica da EFF Rosalía.

Con esta renovación, unida á producida na mesma semana de Rocío Suárez, a EFF Rosalía continúa asegurando futuro por mediación dos seus novo valores.

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content