Rosalía-Pontellas: a seguir invictas en Liga en casa

As de Tamayo afrontan a xornada 18 da competición no Municipal de Oira (12.00 h; Youtube).

Primeiro compromiso do mes de febreiro para a Escola de Fútbol Feminino Rosalía. O conxunto dirixido por Alberto Tamayo enfróntase mañá ao Pontellas, de volta ao Municipal de Oira, no partido correspondente á 17.ª xornada da liga (12.00 h; Youtube). O obxectivo seguir invictas en casa e romper a serie de dous empates consecutivos nesta competición.

O noso equipo chega a este encontro tras unha boa serie de resultados no campionato, pero coa mala sensación do empate cultivado na súa visita á Cañoteira fronte a Cacheiras. Encadea dúas vitorias: Porriño Industrial (5-1) e Calo (2-1); e dous empates: Mos ‘B’ (0-0) e fronte a Cacheiras (4-4) a domicilio. O balance nesta serie é de 11 goles a favor e 6 en contra. Tamayo convocou a 16 xogadoras para o encontro.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteiras: Noa.
Defensas: Laura, Fifi, Sabela, Sampayo e Matilde.
Centrocampistas: Aldarita, Feijóo, Cloe, Candela, Aroa y Bonjoch.
Dianteiras: Clau, Vicky, Zaira e Noui.

Pontellas
O noso rival comeza esta xornada na undécima posición da liga con 16 puntos. Na súa marcadora conta con cinco vitorias, un empate e dez derrotas. No precedente da primeira volta, as pontinas fixéronse coa vitoria a domicilio por 0-1 co solitario gol de Noui.

Así, o partido correspondente á décimo sexta xornada da 2.ª División Galega dará comezo ás 12.00 horas deste domingo no Municipal de Oira, coa arbitraxe do colexiado do CTA de Ourense, Jaime Montero Álvarez. As nosas xogadoras lucirán brazaletes verdes para conmemorar e concienciar polo día mundial contra o Cancro. Como é habitual, o choque poderá seguirse en directo a través de Rosalía TV no noso perfil de Youtube na seguinte ligazón:

Check Also

O senior xa coñece aos seus rivais para a tempada 2024/25

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía queda encadrada no Grupo II da Segunda Galega.A Escola …

Skip to content