Xogadoras, directiva e técnicos, participaron dentro e fóra da carreira popular na edición deste ano.
A Escola de Fútbol Feminina Rosalía, no seu afán de fomentar valores máis aló dos estritamente futbolísticos, decidiu colaborar activamente co Consello Municipal de Deportes na 46.ª edición de carreira de San Martiño de Ourense. Desta maneira, xogadoras, técnicos e directiva participaron, tanto fóra da carreira, como nela.
Desta maneira, unha representación de xogadoras do equipo senior, xunto ao adestrador, Alberto Tamayo, a delegada, Paula Díaz e nosa tesoureira, Yolanda Diéguez, formaron parte dos voluntarios encargados de repartir auga e bebidas isotónicas ao termo da carreira para todos os participantes. En canto á carreira en se, foron moitas as xogadoras que participaron correndo na carreira ‘escolar’ e de ‘cativos’. tamén estiveron presentes o noso presidente, Mario Gómez e vicepresidente, ‘Yuse‘ Vázquez.
A carreira popular de San Martiño de Ourense, organizada polo Consello de Deportes de Ourense, é unha das principais referencias do circuito de Galicia en canto a carreiras populares. Na edición deste ano, máis de oito mil corredores/as demostraron que o deporte ‘engancha’ e que a carreira máis popular da nosa cidade é un dos seus referentes, por este motivo, o noso club non dubidou en ningún momento en participar desde dentro e fóra.