Sabela Meno comprométese un ano máis coa EFF Rosalía

“Aquí son feliz e por iso alégrame saber que outro ano máis contades comigo”, resaltou a centrocampista.

Sabela Meno Morales (Barbadás, 2003) firmou unha tempada máis pola EFF Rosalía. A centrocampista de 16 anos cumple así a súa terceira tempada como xogadora azul.

Futbolista polivalente, Sabela xoga de interior, aínda que tamén ocupou a posición de lateral dereito e medio centro. Destaca pola súa rapidez, colocación e capacidade de loita. Ademais, posúe un bo xogo en velocidade. Cualidades que luciu dende a súa chegada hai dúas tempadas, onde mostrou unha rápida adaptación ao club, converténdose nunha das xogadoras de maior proxección da plantilla.

Antes da súa chegada ao fútbol 11, Sabela xogou no fútbol sala. Formada nas categorías inferiores do Barbadás, ao que se incorporou con 8 anos, continuou preparándose no Ourense Envialia, para pertencer a continuación á canteira do Cidade dás Burgas ata que en agosto de 2017 fíxose oficial a súa fichaxe pola Escuela de Fútbol Femenino Rosalía.

Debutou no primeiro partido oficial do equipo senior, o 16 de setembro do 2018 no campo de Pardellas contra o Juvenil de Ponteareas. Na súa primeira tempada como xogadora da EFF Rosalía disputou 26 partidos anotando 9 goles. Na pasada tempada, incompleta debido á pandemia do Covid-19, Sabela xogou un total de 19 partidos anotando 7 goles.

Sabela marcou un dos mellores goles da tempada fronte o Marín.

O noso presidente Mario Gómez declarouse moi contento da renovación de Sabela Meno, xa que “é unha xogadora con un potencial enorme tanto defensivo como ofensivo. Físicamente é unha xogadora moi importante para o clube e só necesita canalizar toda esa furia e ese ímpetu que ten xogando para dar un nivel superior á categoría na que xogamos”.

Por parte da xogadora, a renovación “significa outro ano máis de esforzo e traballo, para empaparme máis de fútbol que é a miña paixón desde pequena. Unha oportunidade para volver ao campo con máis ganas aínda que antes. Que a verdade xa teño demasiadas ganas de sacar a garra e estar ao 100% en cada partido. En resumo, aquí son feliz e por iso alégrame saber que outro ano máis contades comigo”.

Tempada pasada
“Valóroa como unha tempada de aprendizaxe , na cal Iván deunos bastantes pautas. Aprendizaxe pola cal nalgún momento aí que pasar. Creo que tivo moitos aspectos positivos a nivel traballo pero este ano penso que o plus en competición nos vai a vir moi ben. Xa que somos un equipo ao cal nos gusta apretar os dentes e loitar en cada partido coma se fose unha final”.

Nova tempada
“Para esta no va etapa espero que as cousas saian ben, empezo con moita ilusión , algo me di que imos loitar ata o final como sempre e imos ter moitas posibilidades de ascender, tamén estou súpercontenta co novo corpo técnico”.

Un ano para esquecer
“Un ano para esquecer , bastante duro , houbo momentos en que me vin abaixo, xa non era a mesma, non me sentía ben , non xogaba a nada , non loitaba como eu fago sempre , aí é cando me plantexei deixar o fútbol, pero menos mal que a miña nai e algunhas das miñas compañeiras dixéronme que non o fixese , que todo o malo pasaba e ao final todo foi a mellor, agora mesmo estoulles moi agradecida. Empecei a xogar coa miña esencia, por iso espero este ano xa poder estar ao cento por cento e demostrar un bo nivel”.

Un ano de renovación
“As negociacións non foron nada duras , pero só renovei un ano por cuestión de estudos , xa se verá se o ano que vén renovo outra vez”.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content