Tobaruela: “Agardo un partido moi disciplinado, ordenado e con esa motivación extra do derbi”

“Nós agora estamos non no mellor momento da tempada porque no mellor momento da tempada estaremos mais adiante, pero estamos no mellor momento de toda a tempada”, declarou o técnico.

Vídeo: Roda de prensa completa

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía o día previo ao partido da 12.ª xornada de Liga contra o Arenteiro (19.00 h; Derbi ourensán). O técnico analizou o encontro que afrontarán no Municipal de Oira: “Teño xogados varios derbis e ademáis nunha final importante, a Copa do Sar. Os derbis vívense dunha maneira moi particular, tanto externamente como internamente. Teño unha condimentación especial que fai que sexan moi interesantes, a priori. Despois, cando empezas o partido e pasanse os primeiros dez minutos, daste conta de que é un partido normal e corrente, tes que estar concentrado, no caso das xogadoras, concentradas e xogalo e xa está”.

“Si digo que hai que afrontalo como nós afrontamos todos os partidos mentiría porque hai un condimento especial da rivalidade por proximidade, porque temos que pensar este partido é histórico. É a primeira vez que se xoga un partido senior feminino entre dous equipos de Ourense e iso é moi importante. Ademais temos que ter en consideración que no Carballiño xogan xogadoras que estiveron con nós e iso é outro ingredente que fai deste partido algo especial. Pero eu o afronto desde un punto de vista de Liga, un partido mais, un partido, coma sempre digo, no que saimos a sumar de tres, un partido que desde o martes estamos preparando polo miudo e así é o meu tratamento”.

Cómo chega o equipo
“Nós agora estamos non no mellor momento da tempada porque no mellor momento da tempada estaremos mais adiante, pero estamos no mellor momento de toda a tempada. Con esto qué quero decir, que parece que é contradictorio, nós estamos en continua progresión e ainda que agora estamos no mellor momento, ainda progresaremos mais, pero un bo termómetro de cómo estabamos despois do parón das festas foi o partido da semana anterior e as xogadoras, a nivel físico están tremendas e a nivel técnico-táctico, tamén. Entón agardo un partido, nese sentido, moi disciplinado, ordenado e con esa motivación extra do derbi creo que vai ser un partido moi interesante”.

“Espero un Arenteiro disciplinado, ordenado”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía Senior

Rival
“Espero un Arenteiro que a semana pasada xogou moi ben contra o líder, opúxolle moita resistencia e eu, como adestrador, sempre o que fago é coller información dos equipos contra os que me enfronto e estiven falando co adestrador do Lóstrego para saber cómo se atopaba o equipo rival que nos tocaba a nós e díxome Gabi que competiron moi ben e non me extraña porque cada vez estou mais convencido de que nesta segunda división todos os equipos están competindo mellor e eso creo que vai ser o denominador común de aquí ata o final de Liga. Espero un Arenteiro disciplinado, ordenado. Tamén nos coñece Alba, a sua adestradora coñece a moitas das nosas xogadoras e estarán extra motivadas”.

Extra motivación negativa polo pasado na anterior tempada
“Xogar contra as excompañeiras ten duas lecturas. A primeira é o coñecemento, pero eso tamén te pode levar ao exceso de confianza e, claro, sempre hai una extra motivación cando xogas contra unha excompañeira que deixou o club no que ti estás, eso é una realidade, pero eu vivin moitas situacións iguais e decía nun primeiro momento da entrevista que aos dez minutos de empezar, cando empecé o que realmente importa que é a rodar a pelota, creo que esas cousas pasan a un nivel secundario e esa extra motivación convértese nunha adrenalina positiva, que fai que rindas mais do que normalmente o fas e ese é o meu enfoque tamén durante a semana porque non hai que esquecer que eu, durante a semana, tamén trato a cuestión psicolóxica, como afrontar os partidos dende un punto psicolóxico”.

Relaxación nos primeiros minutos
“Esa relaxación, que tiñamos os primeiros minutos a principio de tempada e mais adiante, acabas de recordarme que non o temos xa, xa pasou. Creo que agora as xogadoras son conscientes do que xogan e que 5-10 minutos mais relaxadas pode ser nadar contra corrente. Tamén teño que decir que cambiei tamén o sistema de quecemento antes dos partidos e iso tamén pode influir dalgunha maneira. Sempre hai que buscar, se atopas un problema, buscar una solución e, a veces, a solución está en ti mesmo”.

“Unha das grandes cualidades das xogadoras do Rosalía é a sua plasticidade, adaptación a diversos escenarios”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía Senior

‘Scouting’ das rivais
“Eu son consciente de que varios equipos xa nos visitaron para ver a nosa maneira de xogar pero nós xogamos con moitas variantes e, de feito, este partido está plantexado dunha maneira ainda diferente e o da fin de semana pasada plantexámolo tamén doutra maneira diferente. Eu considerome un adestrador que se adapta as circunstancias, tendo en consideración as xogadoras que temos e a partir de aquí plantexo os partidos e no só iso, adestro para iso e as xogadoras. Unha das grandes cualidades das xogadoras do Rosalía é a sua plasticidade, adaptación a diversos escenarios”.

¿Qué lle dirías aos afeizoados?
“Aos afeizoados pediríalle una cousa básica, que é respeto e que disfruten do que pode ser una festa e cada un anime as suas cores respetando sempre as rivais. Para min eso é unha das bandeiras que teño como adestrador, de respetar ao rival cando perden sabendo ganar e tamén sabendo perder. Eso é o que temos que trasladar desde o nos club porque é importante que sexa una festa de fútbol e non se convirta en nada mais porque esteamos aquí agora nós, esto quedará para historia e debe transcender así e é o relamente importante mais alá das cuestións persoais e da problemática entre clubes que poda existir ou que non poda existir, coma este caso que creo que non existe. Creo que o principal é o fútbol femenino e apoiar as xogadoras que van a desputar este partido”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content