Rosalía-Arenteiro: a polo primeiro derbi da historia

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía, que gañou os cinco partidos oficiais que disputou en casa, recibe ao Arenteiro na 12.ª xornada de Liga (19.00 h, Municipal de Oira).

Esixente proba para seguir na loita por liderado na liga. A Escola de Fútbol Feminina Rosalía encara o primeiro derbi da temporada ante o Arenteiro no Municipal de Oira (19.00 h, domingo) antes de que chegue o da ‘A-52’ fronte a Cañiza na a 13ª xornada da primeira volta. Noso equipo afronta a cita tras gañar nove encontros do campionato, cinco deles en casa. O obxectivo é sumar o décimo triunfo na competición autonómica e rematar invictas na casa a primeira volta da Liga.

As de Tobaruela atravesan un gran estado de forma, ao que queren dar continuidade esta noite no derbi. Son as únicas, xunto a Lóstrego, que contan por vitorias os cinco partidos de Liga disputados ata o momento en casa, nos que marcaron 29 goles (5,8 por encontro).

“Espero un Arenteiro que a semana pasada xogou moi ben contra o líder, disciplinado, ordenado. Nós agora non estamos no mellor momento da tempada porque no mellor momento da tempada estaremos mais adiante, pero estamos no mellor momento de toda a tempada”, dixo Tobaruela na conferencia de prensa previa. Entre as dispoñibles non estarán nin Fara nin Candela, pero si Vicky. A dianteira chega lanzada tras ver porta nos catro últimos partidos de Liga. O técnico catalán convocou a estas xogadoras para o duelo de hoxe.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteiras: Valeria e Rocío.
Defensas: Laura, Lú, Yadira, Feijóo, Silvia Sampayo, Sabela e Noa.
Centrocampistas: Aldarita, Aroa, Bonjoch e Ester.
Dianteiras: Noui, Vicky e Zaira.

O rival
O Arenteiro vén de perder na casa ante o Lóstrego ‘B’, pero nas anteriores catro xornadas de Liga sumou 9 puntos cun balance de tres vitorias e unha derrota. A domicilio encadean dous triunfos ao golear ao Gondomar na sexta xornada (0-3) e Unión Guardesa (1-3), perdendo con Pontellas (6-1) entre ambos desprazamentos. Lidia e María, ex-Rosalías, son as suas máximas goleadoras con 6 e 5 tantos cada unha.

Oscar Lista Rivera será o colexiado encargado de dirixir un partido histórico, o primeiro derbi en categoría senior entre dous equipos femininos da provincia de Ourense.

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content