O sénior, a seguir co pleno de vitorias en casa en Liga

A EFF Rosalía recibe ao Porriño na décima xornada do campionato, última do ano 2022 (12:00 h, Municipal de Oira).

O senior termina o ano esta semana. As de Tobaruela afrontan no Municipal de Oira o último dos seus partidos do ano 2022. Mañá enfróntanse ao Porriño Industrial na décima xornada (12:00 h), mentres que Lóstrego ‘B’ recibe a San Mateo no partido da xornada.

Despois de disputar un amigable fronte ao Domaio CF no parón do ponte da constitución, a Escola de Fútbol Feminina Rosalía está centrada en manter ante o conxunto porriñés o seu pleno de vitorias en casa en Liga (4 vitorias en 4 xornadas). As de Tobaruela están nun brillante estado de forma e sitúanse na segunda praza da clasificación tras sete triunfos e unha derrota e con boas sensacións despois do amigable en A Granxa-Domaio.

“O Porriño está facendo moi boa tempada e xa sabemos que en 2ª división galega cada ano é cambiante. Os equipos dunha tempada a outra poden mellorar moitísimo porque hai variación de xogadoras ou porque, simplemente, como é o noso caso, as nosas xogadoras evolucionan e medran e iso pásalle a todos”, comentou Tobaruela na rolda de prensa previa. O técnico non poderá contar con Silvia, Sara e Chao. Si que están na convocatoria Feijóo e Vicky, que están destacando na faceta goleadora este ano, en especial a pequena dianteira que debuta na categoría e xa é a segunda máxima goleadora do equipo con seis dianas en cinco partidos.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Laura, Lú, Sabela, Noa, Yadira e Feijóo.
Centrocampistas: Ester, Aldarita, Bonjoch, Aroa, Fara e Candela.
Dianteiras: Vicky, Noui e Zaira.

Porriño
O rival do líder do senior para esta xornada é o quinto clasificado a tres puntos do noso equipo. As de David Ramos gañaron en tres do seu últimos cinco duelos de Liga (Balaidos, Vilariño e Unión Guardesa). Zaira Ocampo é a súa máxima goleadora con 7 tantos en seis partidos (un de penalti).

Cristina Pato, como madriña da EFF Rosalía, fará o saque de honra

O encontro dará comezo ás 12:00 horas co asubío inicial do colexiado Manuel González Castro, do comité técnico de árbitros de Ourense. Pero antes, nosa madriña Cristina Pato fará o saque de honra do último partido do ano da Escola de Fútbol Femenina Rosalía

Check Also

Triunfo do sénior en Ribeira con triplete de Noui

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía imponse a Aguiño con tres goles da ourensá, un …

Skip to content