Tobaruela: “Hoxe resolvemos un partido contra un rival moi pechado atrás” 

“De aquí a final da liga cada partido vai ser unha especie de final”, resaltou o técnico.

Pere Tobaruela compareceu en zona mixta do Municipal de Oira tras o partido ante o Racing Vilariño, correspondente á xornada 17 de Liga: “Seguimos sumando de tres e iso é de valorar, pero o máis importante é que hoxe resolvemos o partido contra un rival moi pechado atrás”.

“Tivemos que cambiar noso sistema de xogo no descanso e as xogadoras souberon adaptarse ben ao novo plan de partido”.

O peor partido en casa
“É difícil saber se un partido se fai peor ca outro porque as circunstancias cambian. Este partido é un reflexo do que vai vir de aquí en adiante: un posicionamento ultradefensivo das rivais vai ser una constante dos equipos que se enfronten a nós. Así desenvolver o noso xogo é complicado, pero eu quedo con traballo do equipo, que hoxe soubo quitar os tres puntos ante un rival que renunciou ao ataque”.

“Nós temos que dedicarnos ao noso e solucionar os nosos problemas”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Arbitraxe moi protestado
“A min persoalmente non me gusta falar da arbitraxe, e iso foi o que lle dixen ás nosas xogadoras no descanso. Nós temos que dedicarnos ao noso e solucionar os nosos problemas, a pesar de que haxa unas circunstacias que nolo poñan máis difícil”.

Vilariño moi defensivo
“En certa maneira é lóxico, cada equipo ten que contrarrestar ao rival como mellor poida. E hoxe o Racing de Vilariño xogou as súas cartas: un posicionamento defensivo repregado e unha boa profundidade defensiva que nos impedira marcar”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Skip to content