Tobaruela: “Levamos a iniciativa do partido e pudimos gañar por máis diferenza”

“A tensión, a intensidade, a emoción estiveron presentes en todo momento e iso notouse no campo. Con estes elementos ás xogadoras novas como as nosas cóstalles un chisquiño máis xogar” , explicou o catalán.

Pere Tobaruela compareceu en zona mixta do Municipal de Oira e analizou a vitoria da Escola de Fútbol Feminina Rosalía no derbi contra o Arenteiro: “Típico partido de derbi, con emoción e intensidade. Un gol decantou a balanza ao noso favor por insistencia e constancia ante un Arenteiro que en case todo o partido xogou con once xogadoras preto da súa propia área intentando saír ao contraataque”.

“O partido, desde o punto de vista emocional, foi complicado para as miñas xogadoras. Amais hai que ter en conta que somos un equipo moi novo e iso nótase neste aspecto, pero con partidos así médrase e onte, neste sentido, foi un partido moi bo. Estou contento porque as miñas xogadoras souberon levar a cabo o plan de partido a pesar das circunstancias”.

Derbi
“Cada partido é un mundo, danse circunstancias e situacións impredecibles e pode pasar de todo. Neste derbi a tensión, a intensidade, a emoción estiveron presentes en todo momento e iso notouse no campo. Con estes elementos ás xogadoras novas como as nosas cóstalles un chisquiño máis xogar. Pero estou contento coa súa actuación, saímos a polos tres puntos abertamente, propoñendo e intentando chegar á portería rival e conseguímolo. Levamos a iniciativa do partido e puidemos gañar por máis diferenza de goles, aínda que tamén elas pudideron empatarnos no tramo final por chegar cun resultado tan axustado”.

“Atacar a un equipo con once xogadoras defendendo as proximidades da área é máis complicado marcar”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Rival
“Agardaba un Arenteiro como se amosou no partido, cunhas xogadoras intensas e repregadas no seu propio campo. O que si me sorprendeu, sinceramente, é que meteran ás once xogadoras case na súa propia área durante moitos minutos. Neste sentido, atacar a un equipo con once xogadoras defendendo as proximidades da área é máis complicado marcar, pero nós fomos quen de, aínda así, levar os tres puntos. Co avance da competición coñecemos máis e non é a primeira vez que o equipo que visita Oira se mete atrás a defender con todo e intentar contragolpear, pero nós tamén estamos preparadas para afrontar con éxito esta situación, como se demostrou onte.

Eloxios ao sistema defensivo do equipo
“Si, esta primeira volta na casa estivemos impecables, todo foron victoria e non encaixamos ningún gol. Non se pode pedir máis, creo eu. A ver se isto se repite na segunda volta. De aquí ata final de tempada a cousa vai estar moi emocionante porque, cada vez máis, os diferentes equipos están mellor preparados. E iso é bo”.

Vicky
“Xa sabedes que non me gusta falar de nomes en concreto. As actuacións de cada unha das xogadoras depende do resto e ningunha pode brillar se non hai un traballo colectivo detrás. Vicky foi a que conseguiu meter o gol, si, pero o mérito é do equipo. E a evolución do equipo é boa, estamos nun momento óptimo pero aínda queda marxe de mellora nesta tempada e, cos anos, sendo un equipo novo como é, aínda máis”.

Ambiente
“Onte en Oira o ambiente era moi bo e gustoume porque ambas as dúas aficións puideron gozar dun partido intenso e emocionante. Vivimos o primeiro derbi ourensán feminino en categoría sénior e foi unha festa. Iso é o importante”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content