Vicky, renovada ata 2024

A dianteira asinou o contrato na sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía acompañada por parte da directiva.

Vitoria Carnero asinou a súa renovación de contrato na sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía, acompañado por parte da directiva. A dianteira queda vinculada ao noso club ata o 30 de xuño de 2024.

Vicky (Ourense, 2008) cumpre desta maneira a súa cuarta tempada de azul. Debutou no noso club na liga Galega Infantil da tempada 2020/21 nas filas do noso equipo Infantil tras o seu paso previo polas categorías inferiores do Ourense CF Fútbol sala Feminino.

Tras un paso de dous anos no equipo Infantil, deu o salto ao Senior no verán de 2022, ainda que o seu debut foi a campaña anterior. Figura clave no ataque azul, na súa primeira tempada completa foi a pichichi do equipo con 28 tantos e cubrindo de maneira sobresaliente a baixa de Ana Seguín (anterior máxima goleadora). Xogou 29 partidos en categoría senior e mesmo anotou dous goles no partido disputado ante Gondomar FB nas Cercas, segundo no noso primeiro equipo.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content