Victoria con nocturnidade

Zaira regálase o triunfo no día do seu aniversario para continuar invictas a domicilio.

A EFF Rosalía sigue prolongando a xeira de victorias no Municipal de San Pedro de Vilariño, onde remontou o gol local para seguir invicta a domicilio. As senior tiveron un partido moi duro no que houbo que superar que as locais se adiantaran no minuto 16.

Nun campo cunhas dimensións extraordinarias para a práctica do fútbol as nosas trataron de xogar e chegar combinando á portería contraria, pero o bo posicionamiento das locais, co obxectivo de anular as nosas, daba os seus frutos e non conseguíamos chegar con perigo á portería contraria. Ademáis, ante a sorpresa de todos, Alba recibía unha marcaxe individual que facía que en medio campo estivéramos bastante anuladas na creación.

Nun despiste en cadena na nosa saída de balón e unha sucesión de erros individuais Raquel marca o primeiro (16’). Situación que o Vilariño aprobeitou para intentar conservar a ventaxa no marcador e Canal tivo que mover fichas (30’).

Primeiros cambios no 31
Vendo que o equipo necesitaba combinar máis, Canal fai entrar a Ainara e Fírvida, centrocampistas, por Marta Vázquez e Silvia, lateral e interior ezquerdas, acumulando máis xente con capacidade de combinar e asociarse no medio campo, o que se viu reflexado nun dominio máis palpable no medio.
As visitantes dominaban pero o gol non chegaba e os primeiros 45 minutos remataban coa victoria pola mínima do Vilariño.

Segunda metade de dominio
Na segunda parte o dominio xa era evidente, a pesar de ir perdendo o Vilariño era incapaz de pasar de medio campo e encerrouse no seu campo. Nunha das múltiples faltas a favor que tivemos as de Canal tiraron de pizarra e deixaron a Andrea (53’) soa ante Silvia para facer un merecido empate.
Co empate o guión no cambiou, Canal decidiu ir polo partido e colocou un 3-4-3 e a pesares de que o Vilariño tivo unha ocasión moi clara á saida dun córner, no contrataque posterior Zaira (77’) desfacíase do seu par e fusilaba a portería defendida por Silvia culminando a remontada. Non había tempo para moito máis, a sensación era de que o resultado só podía aumentar ao noso favor pero xa no desconto e nunha das múltiples faltas recibidas polas nosas ao longo do partido, Noui revolveuse e foi expulsada o que fixo que os últimos tres minutos de partido xogáramos con dez.

Estadísticas do partido

Check Also

O senior xa coñece aos seus rivais para a tempada 2024/25

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía queda encadrada no Grupo II da Segunda Galega.A Escola …

Skip to content