(0-3) Vitoria para rematar a tempada

As pontinas conseguiron sumar os tres puntos no seu último partido da Fase consolación en Caldas de Reis.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete deu por terminada a tempada e non había mellor forma de despedir a Fase consolación da 1ª Liga Galega Cadete Feminina. As de Alberto Tamayo despediron a campaña a domicilio ante un rival que pouco puido facer vista a posta en escena das azuis. Nunha boa segunda parte na que non deixaron marxe de reacción ás caldesas aseguraron o triunfo no último partido.

O equipo pontino tivo un bo inicio, saltando ao campo co obxectivo de gozar dunha nova vitoria e, deste xeito, nove minutos mantívose inmóbil o ‘luminoso’ ata que Sara Bonjoch viu portería por primeira vez para as azuis. Malia gozar con algunha ocasión máis, o 0-1 mantívose ata o descanso. Co arranque dos segundos 40 minutos, a versión das visitantes cara portería cambiou, aos dous minutos trala reanudación Nieto fixo o segundo cun disparo ao que nada puido facer Laura Ríos. Co gol de Laura Añón aos 69′ minutos termináronse as opcións de reacción das locais.

A noite e a tempada termináronse celebrando unha vitoria que deixa ás nosas na terceira posición con 9 puntos. Non había mellor festa final.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content