Boiro-Rosalía: a polo liderado do Grupo II

O noso equipo visita o Municipal de Vista Alegre co obxectivo de sumar a súa cuarta vitoria consecutiva na liga (16.30 h; Twitch EFM Concello de Boiro).

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía comeza decembro medíndose ao Boiro na décimo segunda xornada de Liga á 16.30 h, Twitch EFM Concello de Boiro. Tras alcanzar o segundo posto, o noso equipo asume mañá un novo reto: asaltar a primeira praza do Grupo II. Despois de impoñerse ao Xuventú Aguiño a pasade xornada 5-1, as de Tamayo arrincan a xornada na segunda posición empatados con Mos ‘B’ e a dous puntos do líder, EFM Concello de Boiro.

Lograr os tres puntos é o obxectivo do noso equipo, aínda que non será fácil debido á esixencia do escenario. O Municipal de Vista Alegre acollerá o que será o segundo enfrontamento entre ambos os equipos na 2.ª División Galega. Ata a data, a balanza decántase a favor do Boiro con dúas vitorias, ambas as na primeira rolda dos playoffs de ascenso da tempada 2018/19. Daquel enfrontamento a dobre partido volverán a verse as caras Aldarita, Noa, Zaira e Sabela polo noso club, mentres que Andrea, Ana, Alba, Eva María, Gabriela, Marta, María, Beatriz e Marta Regos farano por parte das locais mañá.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Laura, Sabela, Sampayo, Matilde e Miriam.
Centrocampistas: Antía, Cloe, Aldarita, Bonjoch, Candela e Aroa.
Dianteiras: Clau, Vicky, Zaira e Noui.

O rival
O Boiro lidera o Grupo II con 27 puntos posibles de 30. Na Liga, o conxunto dirixido por Miguel Ángel ramos ten un balance de nove vitorias e unha derrota. Na última xornada venceu a domicilio ao Pontellas 0-5. Antía González é a súa máxima artilleira con 11 dianas en 9 partidos.

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content