Rosalía-Porriño: a polo triunfo antes do parón

O noso equipo afronta a décimo terceira xornada de Liga no Municipal de Oira (12.00 h, Youtube RosaliaTv).

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía recibe ao Porriño Industrial no encontro correspondente á décimo terceira xornada de Liga (12.00 h, Youtube EFF Rosalía). O Municipal de Oira acolle este duelo, o último que disputará o noso equipo antes do parón do mes de decembro. Mañá, as de Tamayo terán a oportunidade de volver reencontrarse coas súas mellores sensacións tras sumar unha nova derrota a domicilio.

Enfronte dous equipos que se enfrontaron catro veces nos últimos dous anos, cun balance positivo para as nosas, xa que venceron nos catro partidos con 24 goles a favor e cero en contra. A última visita das xogadoras de David Barros ao Municipal de Oira saldouse cun 3-0 a favor das pontinas con goles de Zaira, Vicky e Ester. As días primeras estarán de novo ao formar parte das 16 xogadoras convocadas polo técnico azul. Ademais, o adestrador pontino citou tamén a varias canteirás que se atopan en dinámica de primeiro equipo.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Laura, Sabela, Sampayo, Matilde, Fifi e Miriam.
Centrocampistas: Cloe, Aldarita, Candela, Aroa e Antía.
Dianteiras: Clau, Vicky, Zaira e Noui.

Porriño visitou por última vez Oira o pasado 18 de decembro.

O noso rival
O Porriño Industrial FC visita o noso estadio como sétimo da liga. O cadro porriñés suma sete vitorias e catro derrotas no que levamos de competición, a última a domicilio fronte ao Calo (7-2). A súa xogadora máis realizadora é unha das mellores goleadoras da categoría os últimos anos, Tamara Custodio, con 9 goles en 8 partidos, seguida de Zaira Ocampo con sete. Diego Barros citou as seguintes 14 xogadoras: Aroa, Marta Besada, Lucía Gil, Yessica, Ivana, Tamara Custodio, Ana, Estela, Yoyo, Lara, Natalia, Zaira Ocampo, Ana Calviño e Adele.

Así, o partido correspondente á décima terceira xornada da liga dará comezo ás 12.00 horas deste domingo no Municipal de Oira, coa arbitraxe da colexiada do Comité Técnico de Árbitros de Ourense Jaimies Mosquera Paez. Como é habitual, o partido poderá seguirse en directo a través de Rosalía TV desde a plaforma de Youtube do club. Enlace: https://youtube.com/live/1mG8Lu9Wrs4?feature=share

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content