Exhibición ofensiva antes do parón de Nadal

Vicky, Aldarita, Noui, Candela e Antía marcaron no triunfo ante o Porriño Industrial no Municipal de Oira.

Gran exhibición ofensiva da Escola de Fútbol Feminino Rosalía na segunda metade no Municipal de Oira. O noso equipo fíxose co triunfo ante o Porriño Industrial no último partido antes do parón de Nadal. As de Alberto Tamayo tiveron que remontar o gol inicial das visitantes co gol de Vicky. Na segunda parte, as visitantes víronse desbordadas e Aldarita, Candela, Noui e Antía certificaron a goleada.

Despois duns minutos de tanteo, Vicky foi a primeira en probar fortuna tras escapar en velocidade das centrais e realizar un disparo frouxo que non creou problemas a Natalia. No 13’, Zaira tamén o tentou cun disparo desde área grande que blocou a porteira rival. O noso equipo creaba as accións ofensivas, pero inmediatamente despois, Tamara e Zaira Ocampo xeran perigo desde a esquerda e, a máxima goleadora do Porriño, conecta un tiro que Noa toca e sae rexeitado polo traveseiro. Aviso do que faría cinco minutos despois. A dianteira recibe unha falta de Sampayo a 30 metros. Ela mesma execútaa e o seu disparo acaba no fondo da rede (0-1). Volveu probar sorte, esta vez de lonxe, Sabela, pero o seu disparo saíu alto. Á media hora de xogo, noutra falta a favor das visitantes, esta vez executada por Marta Besada, bloca Noa en dous tempos. E, cando parecía que o marcador non se ía a mover na primeira metade, Vicky puxo táboas no ‘luminoso’. Laura recuperou a posesión, fai unha parede con Clau na ofensiva desde o sector dereito, a interior intérnase en velocidade e o seu centro desde a liña de fondo remátao a pequena dianteira ao fondo da rede. Empate despois duns primeiros 45 minutos nos que as azuis non deixaban boas sensacións.

Vídeo: Partido completo.

Catro goles na continuación
Na segunda metade de partido a tónica cambiou totalmente: superioridade pontina. En primeiro lugar, Zaira remata alto un balón que despexou fóra da área Natalia. A un minuto da hora de xogo, Aldarita deu a volta ao marcador. Clau saca de banda, recibe a xunqueirá, cóase entra a liña defensiva rival e ao chegar área cruza o balón para marcar o segundo. No 71′, Sabela provoca unha boa estirada de Natalia despexando a córner. Tres minutos despois, Antía estrela o balón no poste e inmediatamente despois Zaira rematou no primeiro pau un centro de Noui. Un minuto despois, xogada polo sector dereito de Zaira e Noui, que se interna na área e o seu disparo non acerta a blocar Natalia (3-1, minuto 78′). As pontinas seguiron creando numerosas ocasións, Vicky dispara alto nun man a man ante a gardameta rival. A resposta rival chegou nun disparo de Estela que bloca a nosa porteira. Candela aumentou a distancia ao executar un bo disparo desde a frontal e Antía marcou unha vez cumprido o tempo regulamentario para poñer o 5-1 definitivo no marcador.

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content