Derrota do Infantil na estrea ligueira

As adestradas por Manu e Carlos tiveron as súas opcións na primeira metade, pero as caldenses acabaron impoñendo a súa experiencia.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil vólvese sen carga na estrea ligueira ante o Caldas CF (1-6). O conxunto dirixido por Manu e Carlos tivo as súas opcións nos primeiros minutos ante un rival que xa viña coa rodaxe da categoría e ao que aguantaron ata o primeiro gol.

Na primeira metade, o equipo pontino comezou moi presionante e así chegou a primeira ocasión, aínda que sen éxito sobre a portería de Alicia. Cayetana recupera un balón e o seu posterior disparo despéxao a gardameta visitante.Sen ocasións, as pontinas buscaban controlar o esférico e que as visitantes non creasen excesivo perigo e o certo é que foi ao contrario, caldeáselas enlazaron ata seis ocasións antes de abrir o marcador. Sara Fresco, Diana, Laura, Daniela en dúas ocasións e Catuxa, probaron sorte, en fronte Iara desbaratou cada unha delas, pero no ecuador da primeira metade, un córner sen aparente perigo acabou co gol de Sara Fresco desde a esquina da área.

Con este tanto, as visitantes sentiron máis cómodas, logrando outros dous tantos antes do descanso. No 28′, un centro desde o sector dereito á área remátao Catuxa ao fondo da rede. Catro minutos despois, Lara Soutullo, recupera na saída do balón local e non perdoa no man a man (0-3).

Mihret, nun lance do encontro.

Tras o descanso, Iara cedeu o testigo a Paula baixo paus e de novo tentárono as azuis con tres xogadas consecutivas de Sara como protagonista principal. Dous disparos que detén Alicia e unha asistencia a Mihret, que a interior envía desviada por pouco. Un minuto despois de superar a hora de xogo, Daniela amplía a distancia cun balón alto ao que nada pode facer Paula. Inmediatamente despois, Mihret non perdoa un fallo na saída de balón rival para acurtar distancias (1-4). Un espellismo, xa que Catuxa volve aumentar a vantaxe no 69′. A dianteira non perdoa nun contragolpe e cruza ante Paula, que toca o esférico, pero non o suficiente como para afastalo dos tres paus (1-5). Non cesaron as caldenses e Catuxa proba sorte novamente blocando Paula. Aos 77 minutos, Daniela puxo o seu segundo tanto pechando o resultado definitivo nunha xogada na que a ‘dez’ non perdoa. Tras ese gol, Cayetana tentouno pero Alicia, moi atenta, detén o balón.

Así, a Escola de Fútbol Feminino Rosalía Infantil non puido sumar na estrea ligueira nesta tempada 2023/24 tras un encontro no que “Comezamos moi nerviosas co que se desorganizaron as xogadoras e non foron capazes de levar a cabo as ideas que lles transmitimos antes de empezar. Desta maneira elas foron moi superiores ata o descanso”, indicou Carlos ao termo do mesmo. Con respecto á segunda metade, o técnico mostrouse máis contento ao “axustalas tácticamente fomos capaces de desenvolver un moi bo fútbol. En saída de balón e cando nos tocaba defender, tivemos unhas canto chegadas á área contraria moi claras e o factor diferencial foi a efectividade, xa que o equipo rival foi capaz de materializar as súas ocasións”.

Check Also

Reparto de puntos ante un bo rival

As nosas conseguiron adiantarse en duas ocasións, pero un bo rival acabou firmando as táboas …

Skip to content