A EFF Rosalía disputará mañá a segunda xornada ligueira en Oira ante o Chacheiras.
Comezo do mes de outubro e apenas comezou a competición na Liga Galega Feminina. Eso si, esta semana chega a ansiada estrea no Municipal de Oira ante as teenses. Mañá domingo, as pontinas xogarán a segunda xornada en casa ante o cacheiras tras caer por 1-8 ante o Mos ‘B’. Está a ser un arranque atípico e os equipos aínda están testando os seus plans sobre o terreo de xogo.
Alberto Tamayo estréase en casa con 16 xogadoras nun campo de herba artificial no que as azuis soamente acabaron derrotadas nun partido no pasado curso no último choque polo ascenso que foi moi disputado e de alta tensión pola complicada situación de ambos os equipos o pasado mes de xuño.
Será un choque igualado no que as visitantes quererán o balón e terán que adaptarse rápido ao terreo de xogo e seguir o plan de partido para lograr os primeiros puntos na táboa, do mesmo xeito que as nosas. Coa baixa de Sofía por enfermidade e a novidade de Miriam, estas son as 16 elixidas para a estrea en casa:
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Feijóo, Lú, Sabela, Laura, Sampayo, Matilde e Miriam.
Centrocampistas: Aroa, Aldarita, Candela e Bonjoch.
Dianteiras: Vicky, Zaira, Clau e Noui.
Rival
O equipo de David Pazo, que repite no banco teense, comezou a competición cunha derrota en casa ante o CD Pontellas, por 0-3. Mal arranque por tanto para un club que o pasado curso logrou a meterse na fase de ascenso e que este ano segue asentando o seu proxecto na 2.ª División Galega. Para iso, nesta tempada realizaron algunhas fichaxes entre os que destacan a centrocampista María Porto, entre outras.
O encontro dará comezo ás 12.30 horas co asubío oficial de colexiada Uxía Boimorto do Comité Técnico de Árbitros de Ourense.