O lema da campaña inspírase na importancia que é a axuda de cada simpatizante no crecemento do club.
Respecto. Ovación. Sentimento. Actitude. Loita ata o final. Ilusión. Amor. Estas son as palabras, nas que a inicial de cada unha delas conforma a palabra ROSALIA, o nome do club, pois o mundo enteiro quérete polo teu nome. Valores en vea porque, parafraseando á gran poetisa Rosalía de Castro: “É feliz o que soñando, morre. Desgraciado o que morra sen soñar”. Así, todo proxecto necesita dun empuxón e, cada ano, coa axuda dos simpatizantes o noso club segue crecendo.
Estas son as liñas mestras da nova campaña de simpatizantes, na que tamén hai nomes propios. Moitos deles forxaron o que é hoxe a Escola de Fútbol Feminina Rosalía, cun recordo especial a todos ós nosos patrocinadores e simpatizantes, en especial aos que estiveron connosco desde o comezo, Cafés Las Antillas-Campos, Printes Security Advice e desde hai unha tempada, Ganadería JPD, Rocholl e Stores Persán. Por iso É bo saber que estás ahí apoiándonos.
Como vén sendo habitual nos últimos anos, o calendario da campaña de simpatizantes dará o seu pistoletazo de saída coas renovacións de todos os que a soliciten, conservando así o seu número de anteriores tempadas. Hai que lembrar que tamén é posible facerse simpatizante desde a nosa tenda online, na sección “Simpatizante”.
Este ano, a posesión do noso carné terá beneficios en forma de descontos nalgunhas das nosas empresas colaboradoras, como un 10% en Galca Events, empresa especializada na organización de todo tipo de eventos con gran creatividade e impulso imaxinativo. Sorteos exclusivos grazas a Ganadería JPD e máis sorpresas das que se irá informando.