Nós témolo que demostrar e os nenos poden xogar por ser nenos, analizou Alba.

Este xoves pasaron polos estudios de Onda Cero Ourense tres das nosas xogadoras senior. Alba, Feijóo e Cae Vizcaya acudiron ó programa dirixido por Paco Sarria “Más de uno” e durante 20 minutos falaron de noso proxecto, das suas vivenzas como futbolistas e as expectativas para este ano.

Paco Sarria e seu colaborador Javi Taboada nos presentaron como a única escola de fútbol feminino da provincia e conversaron amigablemente con nosas xogadoras.

María Feijóo destacou que “as tres vivimos polo fútbol, dende pequenas formou parte da nosa vida e a verdade con gañas sempre de fútbol dende pequenas e tivemos agora a oportunidade de representar a Ourense a nivel Galicia e o presentarse esta oportunidade non podíamos decir que non”.

Alba lembrou a primeira reacción na sua familia cando se decidiu a xogar ao fútbol “a verdade é que na miña casa non lle gustaba o fútbol a ninguén, eu quería xogar ao fútbol e no colexo non me deixaban, entón tiven que ir a un clube de fora e eles sempre me apoiaron”.

Alba, unha das fundadoras da EFF Rosalía revelou como xurxiu a idea de creala “xurxiu da necesidade de crear base feminina, xa que sen base non hai ningún proxecto que vaia a soster”.

Un dos momentos máis curiosos foi cando Cae revelou que non ve ningún tipo de fútbol na televisión, o que produciu o asobro xeral.

“Este ano o equipo pode aspirar a algo máis que o ano pasado pero o obxetivo xeral é mellorar e que o proxecto vaia adiante” afirmou Alba.

Paco Sarria pediu unirse aos micros a Mario Gómez, presidente para comentar unas das nosas premisas como clube “nós non cremos que o deporte se teña que sustentar a base de axudas públicas”.

Un pracer visitar Onda Cero e agradecer a Paco e Javi a entrevista que nos fixeron e a Oscar, técnico e Higinio pola sua atención e facilidades. 

AUDIO DE ONDA CERO DA ENTREVISTA:

https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/ourense/audios-podcast/rosalia-tamen-e-nome-de-futbol-feminino-en-ourense_201909265d8ca2bd0cf24889ad07fcba.html

 

 

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content