O Infantil cae ante o Mos nun disputado encontro

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía afrontaba un partido complicado ante o líder invicto da Liga Galega Infantil e o partido non defraudó, tensión e polémica durante os 90 minutos. Un partido disputado que finalizaba con vitoria (1-2) para as amarelas tras dous erros en defensa.

O encontro arrincaba con ambos conxuntos en busca de adiantarse no marcador. As azuis intentábano polo centro, buscando pases en longo para a carreira de Victoria mentres que as visitantes apostaban polas bandas poñendo centros no corazón do área. A primeira chegou de man do conxunto de Diego Castro nunha xogada pola esquerda de Victoria, o seu centro en boca de gol non acerta a rematalo Antía. As moenses conseguiron adiantarse no electrónico co gol de Alba Gil. A atacante visitante aproveitou unha dúbida no pase de Lucía Novoa para arrebatarlle o balón e bater a Aldara en área pequena, minuto 6′.


As pontinas non ían baixar os brazos e as ocasións sucedéronse. Aos 22 minutos Candela Losada saca un centro que Victoria remata alto ante a saída de Fátima. Un minuto despois as mesmas protagonistas, Victoria rouba o balón a Uxía e no man a man con Fátima remata fóra. A resposta visitante chegou das botas de Naiara logo dunha falta de entendemento no despexe de Ainara e Xiana Carballo, pero a dianteira falla cara a portería. As ocasións seguían chegando e non tardou en chegar o empate. Alma roubou o esférico en liña defensiva e o seu pase en profundidade a Victoria intercéptao Claudia, a dianteira insiste na presión recuperando a posesión e encarando a Fátima crúzaa para empatar o encontro. Co electrónico en táboas as xogadoras marcháronse a vestuarios.

A polémica chegou co penalti non sinalado de Leire sobre Candela Losada co 1-2 no marcador.

No segundo tempo Rosalía comezou máis ofensivo, chegando con facilidade ao área, pero a falta de puntería impedía que as xogadas terminasen na portería de Fátima. Nada máis saír de vestuarios, tiro ao pau de Victoria. A seguinte, para Antía, logo dun mal saque de portería de Uxía Piñeiro, a centrocampista non acerta no remate despois do rexeite da porteira visitante ao tiro de Victoria. Cinco minutos despois, o segundo tanto das amarelas que lle daban a vitoria veu dun roubo en centro do campo. Lea recuperaa no medio campo e regatea a toda xogadora que lle saía ao paso, non dubidaba e armou un disparo que nada puido facer Aldara.

Xogada polémica e derrota
As azuis buscaban o empate e pouco faltou para facelo. Rouba Victoria en propio campo, avanza por banda superando en velocidade a Nerea, pero a defensa adiántase nuevamente e cede a Uxía, que despexa aos pés de Candela Losada, Leire chega tarde ao despexe dentro do área, penalti, pero a colexiada do encontro, Carla Pérez, decide que a falta non é sancionable a pesar das protestas do público asistente. Puido sentenciar o conxunto de Lucía Cabaleiro nove minutos despois por medio de Naiara, non acertou a porta baleira logo dun fallo do centro da defensa local. Xa co tempo cumprido o empate estivo nas botas de Antía pero Uxía rexeitou cunha boa intervención o remate da ourensá. Co balón da moense a córner a colexiada pitou o final do encontro.

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Ir o contido